menú
Apps de Carnaval

Apps de Entroido

06/02/2018
Blog R

Ola a todos. Hoxe traémosvos algunhas apps de Entroido para quentar os móbiles a base de desfiles, disfraces, xogos e moito máis.

Axenda

Para saber o que se coce estes días en Galicia, podedes consultar os programas dos carnavais máis famosos nestas apps:

  • Tempo de lecer Ourense: dispoñible para Android
    Xinzo, Verín e Laza forman o triángulo máxico do Entroido galego. Moitos días de festa que non vos debedes perder por nada do mundo. Dende o menú da aplicación, seleccionades a categoría “festas” e amosará en formato axenda os próximos eventos.
    apps de carnaval agenda
  • Ocio en Galicia: dispoñible para Android e iOS
    E aínda que Ourense leva a fama, o carnaval vívese en todos os puntos da xeografía. Queredes saber se hai desfile na vosa cidade? Con esta app sairedes de dúbidas.apps de carnaval agenda Galicia

E de Galicia imos ao sambódromo de Río de Janeiro, facendo escala en Cádiz e Tenerife:

  • Carnaval de Cádiz: dispoñible para Android
  • Carnaval 2017 Tenerife: dispoñible para Android
  • Blocos de Carnaval RJ 2018: dispoñible para Android e iOS

Disfraces

Se non queredes ir de ‘choqueiros’ ou de MA Barracus , estas apps axudaranvos a atopar un disfrace orixinal. Ademais poderedes simular como vos quedaría e compartilo cos demais.

  • BT Costumes: dispoñible para Android e iOS
  • Carnaval fotomontaje: dispoñible para Android
  • Carnavalea: dispoñible para Android
  • Imágenes Maquillaje Fantasía: dispoñible para Android

Chirigotas

É probable que Íñigo Errejón protagonice algunha chirigota este ano, vista a chea de memes que xera . Nesta aplicación, atoparedes coplas carnavalescas que lle sacarán as cores a máis dun.

Xogos

Sabédelo todo dos entroidos galegos? Demostrádeo con esta aplicación, unha especie de trivial moi instrutivo. E se vos atrevedes co de Cádiz, todo voso.

  • Entroido en Galicia: dispoñible para Android
  • Trivial Quiz Carnaval de Cádiz: dispoñible para Android

A pasalo ben.

Un saúdo!

Gif: via Target en GIPHY

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

1 comentario

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Presentación Andrés Pérez di:

    La app del maquilaje dice que no está disponible para este país.