menú
Apps de astronomía

Apps de astronomía

03/10/2016
Blog R

O outono é unha boa época para empezar novas afeccións. Descobre os segredos do universo coas apps de astronomía que che traemos hoxe. Se es dos que mira ao ceo e só ve puntos brillantes, tranquilo, hai solución: Keep Calm e “Fly me to the Moon” . Mergúllate na appstronomía para deixar coa boca aberta aos teus amoríos.

  • Nasa
    Se o que tes é alma de astronauta, descarga a aplicación da Nasa. Poderás acceder a vídeos e fotografías espectaculares, ver a súa canle de televisión en directo ou informarte das novas e misións da axencia espacial. “Un pequeno paso para o home, pero un gran paso para a humanidade”, como dicía Armstrong.
    Dispoñible en Google Play e Apple StoreApps de astronomía NASA
  • Sky Map
    A app oficial de Google para descubrir todos os segredos do universo. Coloca o móbil enfocando as estrelas e mostrarache a constelación que se atopa nesa posición grazas ao GPS do teu móbil. Tamén podes usar o modo manual. Identifica estrelas, planetas, nebulosas e moito máis. Impresionarás a calquera nunha primeira cita .
    Dispoñible en Google Play

     

  • SkyView
    Similar á anterior, SkyView guíate polo universo apuntando co teu móbil ao ceo. Poderás seguir a pista de calquera obxecto para saber a súa localización exacta en calquera data e hora. A app permíteche facer unha viaxe ao pasado ou ao futuro para ver o ceo en diferentes datas e horas. E se a noite te confunde, activa o modo nocturno con filtros vermello ou verde para unha maior visibilidade. Comparte espectaculares imaxes en redes sociais e que os teus amigos se decaten de que andas polas nubes .
    Dispoñible en Google Play e Apple StoreApps de astronomía Sky View
  • Night Sky Lite
    Completa e sinxela, cunha vista da bóveda celeste redeseñada con máis animacións e estrelas, satélites, etc. Moi interesante, o modo viaxe para explorar o ceo dende calquera punto do planeta. A app analiza ademais as condicións de observación e che indica cal será o mellor momento para mirar as estrelas na zona que indiques; tremendamente útil, se es afeccionado á astronomía. Completa a túa experiencia cunha vista da Terra en 3D e cuns efectos sonoros que trasladarán a outros universos. Compróbao ti mesmo:

     


    Dispoñible en Google Play
  • Mapa Estelar
    O universo máis divertido no teu móbil. Se apuntas ao ceo che dirá que estás a ver e se apuntas cara abaixo, a app indicarache como ve o ceo nocturno a xente do outro lado do planeta. E se estás na casa, non te preocupes, podes observar o universo movendo un só dedo. A golpe de clic obterás os datos da estrela ou planeta que estás a mirar, incluíndo distancia e luminosidade.
    Dispoñible en Google Play e Apple Store

     

  • SkEye
    Máis técnica que as anteriores, está enfocada ao uso de telescopios. Con esta app poderás identificar de forma precisa, coas coordenadas exactas, estrelas, planetas e constelacións, ademais de obxectos dos catálogos Messier e NGC. Entre as súas funcionalidades, saltar a calquera data do pasado ou futuro, ou usar o modo noite.
    Dispoñible en Google PlayApps de astronomía Sky Eye
  • Fases de la luna
    Imprescindible se o que realmente che apaixona é o estudo lunar. Esta app utiliza a simulación da superficie lunar creada pola NASA Lunar Reconnaissance mission para que poidas ver ao detalle os cráteres e características do chan. Grazas a esta simulación 3D poderás xirar a Lúa cara atrás e cara adiante a través das súas fases, aproximala, afastala e facer que se traslade. A través do Atlas Lunar, poderás coñecer a disposición dos mares, dos cráteres e das misións da nave Apolo.
    Nesta ligazón explícanche como funciona exactamente a aplicación:

     


    Dispoñible en Google Play e Apple Store (1,99€)
  • Sistema Solar 3D
    Viaxa a través do sistema solar dunha forma moi didáctica. A app indica a posición e órbitas reais dos planetas segundo data e hora, a tamaño real (pero en pequena escala).
    Dispoñible en Google PlayApps de astronomía Sistema Solar 3D
  • Sistema Solar 3D Para Los Niños
    Os máis peques da casa tamén poden converterse en pequenos exploradores. Con esta aplicación descubrirán os nomes dos planetas e a súa disposición no sistema. Ademais, poderán poñer a proba os seus coñecementos con varios desafíos.
    Dispoñible en Apple Store

Vémonos pronto con máis aplicacións para o teu móbilR.

Un saúdo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios