menú
Apps para controlar el gasto

Apps para controlar o gasto

07/09/2016
Blog R

Coa tarxeta aínda botando fume despois do verán, toca conterse. Axudámosche con estas apps para controlar o gasto dende o teu móbil. Se o apartamento na praia, as cervexas do bar da praia, o donuts inchable, os souvenirs, as churrascadas e as festas do teu pobo deixáronche baleiro o peto, descarga algunha destas aplicacións e descobre como aforrar facilmente. Se non, sempre che quedará a opción para comer lentellas .

  • Fintonic
    Para gastar con sentidiño, Fintonic encárgase de asesorarte. Desde unha soa aplicación podes acceder a todos os teus bancos e tarxetas, revisar os teus movementos, recibir alertas de comisións, descubertos ou nóminas. Ten unha interface moi intuitiva para que esteas ao tanto e dunha ollada dos teus ingresos e gastos, clasificados por categorías. Co seu sistema preditivo, Fintonic estima o teu gasto mensual para fixar topes cando o necesites. Algo así como a voz da túa conciencia que che di: “xa tes 50 camisas” .
    Dispoñible en Google Play e App Store

     

  • MyValue
    Esta app axúdate a entender as túas finanzas para que saibas en que se che vai o diñeiro e como solucionalo. Podes crear un orzamento, ordenar e categorizar os teus gastos, fixar obxectivos de aforro, controlar os teus investimentos ou seguros e moito máis. Ademais, o seu sistema de alertas avísate de cando che van a cobrar cada recibo. E se es desconfiado, tranquilo, MyValue utiliza os mesmos protocolos de seguridade que os bancos.
    Dispoñible en Google Play e App Store
    Apps para controlar el gasto MyValue
  • Wallet
    Unha das apps máis completas, que inclúe sincronización na nube. Permíteche utilizar múltiples moedas (moi útil se vas de viaxe), categorizar os teus gastos, crear patróns persoais, exportar e importar arquivos de Excel, rexistrar no mapa os teus gastos e moitas máis funcionalidades. Dous detalles, Wallet é compatible con wearables (tipo smart watch ou pulseira) e dispón dun widget para que nada máis acender o teléfono saibas o teu saldo.
    Dispoñible en Google Play e App Store
    Apps para controlar el gasto Wallet
  • Wally+
    Desmárcase do resto polo seu carácter social. A app permíteche comparar os teus gastos con outros usuarios, polo que che podes facer unha idea da media de consumo de xente cun perfil similar ao teu. Wally permíteche etiquetar a amigos, engadir fotos e facer un seguimento dos lugares que visitas.
    Dispoñible en Google Play e App Store
    Apps para controlar el gasto Wally
  • Spendee
    Destaca polo seu coidado deseño, con intuitivos gráficos para que che resulte máis sinxelo lidar coa túa economía doméstica. Poderás ver onde vai o teu diñeiro, controlar os teus gastos, crear e compartir contas con persoas coas que teñas gastos compartidos, como a túa familia ou compañeiros de viaxe, etc. Spendee permíteche analizar os teus hábitos e marcar obxectivos de aforro para cumprir co teu orzamento.
    Dispoñible en Google Play e App Store

     

  • Splitwise
    Moi útil se compartes gastos habitualmente con outras persoas. Esquécete de pedirlle o diñeiro do aluguer ao chupón do teu compañeiro de piso, Splitwise envía os recordatorios por ti. A app permíteche dividir os gastos e saber quen debe a súa parte e canto lle corresponde pagar.
    Dispoñible en Google Play e App Store
    Apps para controlar el gasto Splitwise
  • Twyp
    E se o que necesitas é xestionar gastos compartidos, fai como Carmina e paga polo móbil, se non queres ser máis antigo que o fío de coser . Con Twyp podes recibir e enviar diñeiro aos teus amigos de móbil a móbil, só necesitas o seu número e el recibirá o diñeiro ao instante.
    Dispoñible en Google Play e App Store

     

Máis apps:

  • MoneyWiz: todos os teus orzamentos, contas e recibos nun só lugar. Dispoñible en Google Play
  • Monefy: realiza o seguimento dos seus gastos con éxito. Dispoñible en Google Play
  • MoneyWise: controla facilmente as túas finanzas persoais. Elixida “mellor aplicación de seguimento do gasto para Android” por LifeHacker no 2012. Dispoñible en Google Play
  • Dollarbird: calendario para poñer os teus gastos do día e configurar alertas. Dispoñible en Google Play e Apple Store
  • Mint: premiada app que xestiona as túas contas e gastos, elabora o teu orzamento e obxectivos. Dispoñible en Google Play e Apple Store
  • Expense IQ: administra as túas contas para aforrar diñeiro. Sincroniación na nube e widget para a túa pantalla de inicio. Dispoñible en Google Play

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios