menú
app de R control de gasto

App de R: controla o gasto do teu teléfono móbil

27/04/2016
Blog R

Dende a app de R podes limitar os consumos na túa factura de teléfono móbil. Así es ti quen decide canto gastar ao mes sen levar ningún susto ou que non che saian por un ollo da cara as conferencias dos teus fillos . Podes facelo directamente dende o móbil a través da app de R (Android e iOS) accedendo ao servizo control de gasto.

Sigue a ruta configurar > configurar móbilR > control de gasto e verás dúas opcións diferentes para establecer o límite do teu consumo de chamadas, mensaxes e datos.

  • Control de saldo: establece o que queres gastar ao mes en chamadas e mensaxes, só en consumo de datos ou ben sobre todo
  • Control parental: controla canto gastar e, unha vez alcanzado o límite, a liña pode chamar ata a 5 números seleccionados. Así, mantés baixo control a factura do teu fillo, pero tes a tranquilidade de que te pode chamar a ti ou un familiar ante calquera emerxencia. Custo 1,81 €/mes (IVE incl.)

Lembra, iso si, que as cotas de tarifas, plans da internet móbil, favoritos, etc, non contan á hora de determinar se superaches o límite. Por exemplo, se tes unha tarifa plana cunha cota de 25€ e non queres gastar máis de 26€, debes poñer como límite 1€. Se pos como límite 26€, esa cantidade sumaríase á cota da túa tarifa (é dicir, non se cortaría o servizo ata que chegases a 51€). É dicir, contaríanse as chamadas, SMS, roaming, internacional, etc. que non entrasen xa dentro da cota da túa tarifa móbil.

Control de saldo

Ademais de configuralo dende a app de R, podes facelo dende a web de clientes. Na web de respostas resolvemos todas as túas dúbidas.

Na pantalla verás as opcións de configuración que tes:

  • Avisos: elixe se queres recibir por SMS (cun custo de 18,15 cent) ou correo electrónico (gratuíto) un aviso cando chegues a unha determinada cantidade de gasto. Desta forma sabes con tempo se te estás a achegar ao gasto global que tes establecido. Por exemplo, se tes un límite 50€ e queres decatarte de que levas gastados 40€, avisámoste. Así podes seguir usando o servizo, pero controlando o teu consumo.
    app de R avisos de control de saldo
    app de R avisos en control de saldo
  • Límite de gasto global: decide canto queres gastar ao mes sobre todos os servizos dunha liña (voz, datos, SMS…). Unha vez superado, enviámosche un SMS ao teu móbil (cun custo de 18,15 cent) ou un correo electrónico (gratuíto) informándoche do corte do servizo. A partir de aí, unicamente poderás chamar aos números gratuítos e de emerxencia, a non ser que establezas outro límite global. Lembra, iso si, que o seguinte mes terías como límite a nova cantidade que puxeches. Se tes unha tarifa plana con datos, esta opción non estaría dispoñible para ti. No aviso, como podes ver, indicámosche que pasaches dunha determinada cantidade, pero segues a usar o servizo. Pola contra, no límite de gasto, se te pasas, córtase o servizo.
  • Límite de gasto por servizos: establece sobre que servizos queres controlar o saldo. Ollo, se tes un plan de datos contratado debes marcar “límite distinto para cada servizo (voz e mensaxes ou datos)” e non indicar nada na parte de datos. Desta forma, unha vez superado o teu plan de datos, poderás seguir navegando, pero a velocidade reducida. Pola contra, non poderías conectarte a internet. Se te pasas do límite de gasto establecido, o servizo córtase. Pero se necesitas seguir usándoo, podes entrar e modificar o límite que puxeches (lembra que para o próximo mes esa sería a nova cantidade fixada).
    app de R límite en control de saldo
  • Consulta de saldo: en calquera momento do mes podes saber canto levas gastado. Aquí temos en conta todos os consumos (nacional, internacional, roaming, datos, SMS, MMS, premium, etc) sen IVE.
    app de R consulta saldo

 

Control parental

Con esta outra modalidade, levas a conta do que gastaches e, se superas o límite que fixaches, podes chamar ata a 5 números. Contrátao dende a app de R ou a web de clientes por 1,81 €/mes (IVE incluído). Na web de respostas resolvemos todas as túas dúbidas.

A configuración é igual que no apartado anterior, só que incorpora un novo apartado:

  • Números permitidos: escribe os 5 números aos que chamar unha vez alcanzado o límite. É dicir, cortaríase o servizo, pero poderías falar cos números móbiles ou fixos que indiques para que a liña non quede incomunicada. Tes máis información na web de respostas.
    app de R números permitidos

Xa viches que é moi fácil poñer solución aos excesos que ás veces cometemos .

Aquí tes máis posts sobre a app de R:

Un saludo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

5 comentarios

  1. Alfonso Pazos Rodríguez di:

    Me gustaría que me confirmaran los minutos que tengo para poder usar en llamadas a teléfonos fijos. Gracias

  2. Ramon di:

    Tenéis previsto la app para Windows 10 Mobile o la app universal.

  3. alberto di:

    Yo también soy usuario de w10 en mis lineas… Es triste oír eso, espero que recapaciteis.