menú
app de R restricciones

app de R: como configuro as restricións na miña liña de móbil de R?

29/01/2016
Blog R

Ola a todos. Dende a app de R podedes seleccionar os servizos que queredes ter activos ou limitados no voso móbil para controlar o gasto. Non estamos en Halloween , así que se non queredes sustos na factura, axudámosvos con este post.

Para que desfrutedes do móbil como máis se axuste ás vosas necesidades, non esquezades configurar as restricións. É moi sinxelo dende a app de R (disponible para Android e iOS) e sen custo algún, só vos levará un minutiño ou menos. Garantido!

Tedes que abrir a app de R e seguir a ruta configurar > configurar móbilR > restricións on/off e seleccionar a liña de móbil R que queirades axustar.

Nesa pantalla podedes marcar os servizos que non queirades usar. Poderedes elixir as restricións que mellor vos veñan para as chamadas nacionais e internacionais, enviar sms ou conectarvos a internet.

app de R restricciones llamadas

Cun só clic seleccionaredes tamén as vosas preferencias para cando vaiades ao estranxeiro. Deste xeito evitaredes que vos entren chamadas que non queirades contestar polo seu custo e así os vosos amigos non pensarán que non lles queredes coller o teléfono .

Ou podedes indicar que queredes chamar, pero non navegar a través de internet móbil porque é máis caro e vos ides a conectar a través de redes wifi.

app de R restricciones roaming

Outra opción de gran utilidade é restrinxir sen custo algún a entrada de SMS e chamadas Premium. Falamos dos números que empezan por 803 (servizos para adultos), 806 (lecer e entretemento), 807 (servizos profesionais) e 905 (televoto).

Ollo, estes servizos que habitualmente usamos para subscribirnos a noticias, para votar nun concurso ou descargar tons de música ou xogos, teñen un custo adicional. Aquí tenéis más info.

app de R restricciones premium

Se queredes coñecer máis utilidades da app de R, non perdades as próximas entregas.

Un saúdo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

3 comentarios

  1. SEVE di:

    Lo que no puedo entender, es porque os negáis a restringir las videollamadas. Tengo facturas de videollamadas a fijo, marcadas por error, ya que los botones de llamada y videollamada están próximos. MI telefóno tiene la posibilidad de restringir las videollamadas, pero el operador debe facilitar un código para aceptar la restricción, código que no facilita. Ni facilitáis el código ni realizáis la restricción.
    Mis expectativas con R van a menos cada día que pasa, ya queda muy poco para que lleguen a cero y sera el momento de realizar el cambio. Gracias

  2. SEVE di:

    He visto foros en internet sobre el tema de la desactivación de las videollamadas en otras compañia y como es normal restringen esta funcionalidad, no indican al cliente que descative los datos o el 3G. Esta funcionalidad le corresponde bloquearlo a la compañía, simplemente que no lo hacéis.