menú
App de R configurar llamadas perdidas y en espera

App de R: configurar chamadas perdidas e en espera

18/11/2016
Blog R

Nin esperes nin desesperes, configura dende a app de R as chamadas perdidas e en espera. Se estás a falar por teléfono e recibes outra chamada ou se tentan contactar contigo pero tes o teléfono apagado, podes elixir a maneira como responderá o teu teléfono fixo ou móbil. Dende a app de servizos R (Android e iOS) podes configuralo directamente dende o teu smartphone con só un par de clics.

Chamadas en espera

Dende a app segue a ruta:

  • configurar > configurar móbilR > configurar chamadas en espera
  • configurar > configurar teléfono > configurar chamadas en espera

Elixe a liña que queres modificar e apareceranche as seguintes opcións:
App de R llamda en espera

Como ves, podes activar a chamada en espera para recibir novas chamadas mentres falas por teléfono. Un dobre ton avisarache que tes unha nova chamada e poderás aceptar a chamada en espera e reter ou terminar a actual, ou ben ignorar a indicación.

A outra opción é indicar que soe o ton de ocupado ou desviar a chamada. Se che quere volverá chamar .

Chamadas perdidas

Configura as chamadas perdidas do teu teléfono móbil. Dentro da app segue a ruta configurar > configurar móbilR > configurar chamadas

App de R llamadas perdidas

Se queres, enviámosche un SMS á túa liña cando perdas unha chamada. Poderás seleccionar en que circunstancias queres recibir a notificación: se estás a comunicar, apagado ou fóra de cobertura, ou ambas as situacións.

A que non mentiamos con que non ías tardar nada? Se é que todo se pode configurar dende a app de R. E se non mira estoutros posts cargados de utilidades:

Un saludo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

27 comentarios

  1. xabier di:

    Boas, hai xeito de que a mensaxe de apagado ou fóra de cobertura salte en galego como fai co contestador?

  2. EstoYaDuele di:

    Alucinante, R vuelve a subir los precios a partir del 22 de diciembre, 1 eurito más ale, y no, o aceptas la subida o te largas, no te puedes quedar con tu tarifa actual.. Vaya atraco, en 1 sólo año tantas subidas.
    Yo lo siento, pero dejo el combo familia y las 2 lineas de móvil

    • Hola.

      Lógicamente subir los precios no es algo que guste y sabemos que va a provocar malestar y bajas. Pero es necesario invertir para ar un buen servicio, porque de lo contrario nos resentiríamos y el coste de las redes y el consumo que se hace ha subido.

      Ahora bien, como indicamos en la carta, vamos a tener una nueva oferta comercial, donde ya te damos el precio del combo con el móvil y creemos que a muchos clientes les va a compensar la nueva oferta.

      De hecho, en la comunicación van algunas sugerencias de la nueva oferta, con el precio del móvil ya incluido. Vamos a tener también nuevas tarifas de móbilR y más opciones en el fijo, con lo que es ver el caso concreto. Ahora las opciones de personalización serán mayores y siempre podremos ajustar el precio.

      Un saludo.

  3. raul di:

    Hola, a qué te refires con “[…] y siempre podremos ajustar el precio” ?

    Por outra parte, eu teño contratado un combo 20 series e unha plana 13 polos que pago 54 € (41 + 13). Vou ter algunha opción para seguir pagando o mesmo ?

    • Ola, raul.

      Refírome a que podemos ver nas novas opcións que é o que máis se axusta ás túas necesidades ou factura, porque haberá novas opcións.

      En canto ao que tes contratado, o combo 20 series sobe 1€ e a plana 13 sobe outro euro, polo que o servizo pasará a ser de 56€. Na comunicación que che mandamos van varias opcións do novo combo xa converxente e, como digo, podemos ver as opcións que sacaremos a partir do 1 de xaneiro para novas altas e do 22 de decembro para xa clientes.

      Un saúdo.

  4. Ivan di:

    Buenos días,

    Soy un antiguo cliente (más de 12 años con vosotros) que en primavera de 2016 ha decidido volver al antiguo monopolio (Movistar). A pesar de que el servicio es correcto, siempre he tenido en mente volver a vosotros por vuestro componente de “galeguidade” (a pesar de que la matriz sea vasca y que el accionariado lo compongan fondos de inversión extranjeros, entre otros) cuando tuvieses alguna oferta de bienvenida comparable al resto de operadores.

    Sinceramente, siento verdadera pena al ver en qué os habéis convertido, subiendo de forma sistemática y torticera vuestras tarifas (euro a euro).

    En definitiva, espero que el mercado os coloque en vuestro sitio y que respondáis a las bajas volviendo a ser la gran compañía que en su día fuisteis.

    Saludos,

    • Hola, Ivan.

      Como bien comentas, nuestra matriz es vasca, pero R es gallega, porque tiene su sede social y fiscal en Galicia. Y ahora cualquiera puede ser accionista, al estar cotizados en Bolsa, así que cualquier gallego puede tener una pequeña parte de R, que nosotros estaríamos encantados 🙂

      Dicho esto, creo que no has visto la nueva oferta, con el precio del móvil ya incluido en el servicio, con nuevas tarifas de móbilR y más opciones de personalización. Hay precios en los que creemos que somos imbatibles, con lo que iremos comentando los nuevos paquetes.

      Lógicamente una subida no gusta, pero vista la subida exponencial de uso de las redes y consumo de datos, es necesaria para poder competir y no perder calidad. De lo contrario, te aseguro que iríamos cuesta abajo y sin frenos. En todo caso, lo estamos comunicando de forma transparente y conforme establece la ley. En tu caso, por ejemplo, no sé si has revisado la letra pequeña de la última factura, porque a muchos clientes el 1 de enero les van a subir la identificación de llamadas (servicio que en R es gratis), de 1 a 2€.

      Pero volviendo a la anterior, creo que es bueno que se vea nuestra nueva oferta y las opciones que habrá.

      Un saludo.

  5. manuel di:

    Siempre queda acudir a consumo, porque lo que están haciendo NO LO PUEDEN HACER. Se pongan como se pongan se tiene firmado unas condiciones y SI se puede volver a la tarifa antigua, la contratada y firmada por las dos partes.
    Es tan sencillo como poner una reclamación ante Consumo (Xunta) y llevan ya un montón de laudos arbitrales donde condenan a la empresa a devolver el dinero y a retrotraerse a las antiguas tarifas. Así de sencillo. Reclamación, primero contra R y luego a Consumo. Saludos

    • Hola, manuel.

      La legislación establece que podemos establecer un cambio en las condiciones. Piensa que de lo contrario las cosas costarían lo mismo desde hace 10 años, y al final los servicios tienen otros costes, con lo que es necesario adaptarnos a los mismos.

      En todo caso, la subida se tiene que hacer como indica la ley comunicándolo por escrito de forma previa al cliente, mínimo un mes antes. Y ante la subida, el cliente puede darse de baja sin ningún tipo de penalización.

      No es plato de buen gusto una subida, pero sí que es algo que se puede hacer, porque de lo contrario si los costes nos suben como está siendo el caso y si es necesario invertir, habría un problema serio 🙁

      Un saludo.

  6. David G di:

    Hola, yo tenía una duda, ya que no me aclaro mucho con lo que pone en la web. Tengo contratado con vosotros el combo 350 total HD con mantenimiento plata y a parte la opción de series y xtra, también teléfono con plana 22 de 3GB, ( ya no queda nada por contratar;-))pero en la web pone que lo mismo que tengo yo ahora lo hay con 4GB de datos. Puedo solicitar el cambio?? Gracias por adelantado.

  7. cóntameourtra di:

    R ven respaldándose nas cousas que fan os “demáis” e que non nos gustan (tipo subidas de prezo), para facer eles o mesmo. Como unha pataleta infantil “….os demáis tamén o fan, ou o van a facer….” como a mellor das excusas
    O que parece que non vos interesa entender, é que para catro parv@s que ainda quedamos por aquí, R, non ERA o mesmo ca os DEMAIS. Pero tranquilos, que xa imos espabilando…Por desgracia, xa formades parte da MAFIA da telefonía, e o título, vai currado a pulso…
    Cada subida que facedes amparádela co famoso pretexto das MELLORAS.
    “Necesario invertir para dar un bo servizo”. Correcto. Pero iso é competencia vosa, da vosa empresa. Se eu como mellora quero máis datos, megas ou canles…dádesmos de valde??? Ou cobrádesmos???
    As miñas melloras págomas EU, e as vosas VOS.
    Outra bromiña das vosas….Temos NOVAS OFERTAS …
    De que nos vale iso se non as ides a respetar, se no momento que vos pete ides voltar a subir os prezos ó voso gusto. De pena….

    • Ola, cóntameourtra.

      Non, non nos xustificamos no que fan os demais. É unha realidade que ao final os clientes nos demandan o 4G (o servizo máis solicitado nos últimos dous anos e polo que máis nos preguntaron tanto por teléfono, como por correo ou nas redes sociais). E tamén é certo que o consumo de datos no móbil subiu, así como o ancho de banda empregado por servizos como o streaming nas redes fixas, polo que ao final hai que investir e ampliar a capacidade da rede. Ao tempo que hai que pagar aos carriers internacionais, comprar novos equipos, etc.

      Oxalá os custos non aumentasen, oxalá que cos equipos de hai tres ou catro anos se soportase todo o tráfico que se move hoxe en día, que o uso que se fai hoxe en día fora o de hai tempo. Pero a realidad é ben distinta. Así que por unha banda estamos ante a disxuntiva de que tocar prezos é algo que non gusta (a min como usuario non me fai graza), que provoca enfados e baixas. E, pola outra, temos a disxuntiva de que hai que investir, de que hai que gastar para poder ser competitivos e que non se diga que claro, que en R nos quedamos atrás, que a competencia o fai mellor, que teñen máis e mellores servizos noutras compañías.

      En R sabemos que sen clientes non somos ninguén. Se chegamos aquí é por vós, pola vosa confianza e, por sorte, polo de agora contamos con miles de galegos para os que somos o operador de referencia, co que teñen a televisión, o móbil ou o servizo de internet. Pero internet non é o mesmo que cando entrei en R, cando dábamos un máximo de 600Kbps. Imaxinas que continuáramos coa mesma conexión, cobrando 70€ como facíamos daquela? E o móbil tampouco é o mesmo. A alguén se lle ocurriría que non tocáramos a tarifa plana 24h 1500 pola que cobrábamos 93,22€ no 2012 (si, hai uns 4 anos) por 1GB?

      O mercado evoluciona, o cliente tamén e nós debemos adaptarnos. En ocasións podemos mellorar sin tocar prezos, noutras debemos axustar a tarifa porque as marxes non dan, pero o que está claro é que se nos paramos malo, porque nos comen as papas e os clientes sodes moi esixentes.

      O das novas ofertas é precisamente porque cremos que imos ser máis competitivos, dando por un algo que nos pedíades: un prezo global por ter fixo e móbil en R. E ademais novas tarifas, para máis perfís.

      Loxicamente esta será a oferta actual. Dentro de 4 ou 5 anos a cousa non quedará igual, porque somos un sector moi dinámico. E o que pasa agora pasou sempre en R. Non se vaia pensar que en R nunca cambiamos a oferta, nin os prezos, nin melloramos tarifas, ou datos. Pasou e pasará porque é lei de vida. Como pasa con calquera produto ou servizo, como tampouco os coches que se ofrecen hoxe en día teñen as mesmas funcionalidades que no 2012.

      Un saúdo.

  8. Jose Luis Lopez Lopez di:

    Donde se pueden ver las tarifas como quedan? Aqui por lo que veo se manda un mail a cada uno con lo que r estima que te puede interesar pero no todas las tarifas co. O quedan para q yo pueda decidir. Eso no es informar de los cambios

    • Hola, José Luis.

      En la comunicación lo que indicamos es cómo van a cambiar los combos y las líneas de móviles actuales.

      Y a los clientes que nos permite comunicación comercial, les indicamos dos o tres posibilidades con productos en la línea de lo que tienen contratado. Como va a haber nuevas tarifas de móvil, nuevos combos y velocidades, es complicado poner todas las opciones en esa comunicación. Así que hemos intentado sintetizar el tema.

      En todo caso, la nueva oferta entra a partir del 22 de diciembre para ya clientes, con lo que iremos comunicando los cambios, porque de momento la que hay es diferente y la nueva aún no está disponible.

      Un saludo.

  9. cóntameourtra di:

    Por motivos que non veñen ó caso, adoito viaxar asiduamente en taxi. Por cercanía e coíncidencia nos horarios soe ser sempre o mesmo. Pois ben, este taxista cambiou de vehículo o pasado mes de xullo. Ademáis das bondades das que el disfruta co cambio da ferramenta: mellor conducción, un consumo aceptable, menos contaminación…. Eu como cliente tamén disfruto das melloras. Asentos traseiros máis amplios, dispón dunhas pantallas, donde se queres, pode poñerche tv ou programas….e como un detalle engadido, agora ten a dispor do cliente a prensa diaria. Sumémoslle a iso un trato excelente co cliente. Pois ben, dito todo isto….un dato curioso, a tarifa do percorrido sigue a ser a MESMA que antes de todas estas melloras. Debe ser que este taxista é parvo. Será que eu debo ser parv@ tamén porque ainda que saiba de outro que me cobre un par de euros menos, eu seguirei contratando a este. Porque debemos ser os dous os máis parvos do mundo ó pensar que a fidelidade co cliente non só se gaña (ou se perde) cos prezos. Non é só unha cuestión monetaria.
    Ás veces tamén inflúe o non ter a sensación de que che están tomando o pelo, cousa que me está pasando con vos. Cando me fun da anterior compañía, ésta, melloróume a oferta que me estábades facendo vos. Ainda así, non aceptei, non sei se por unha cuestión de dignidade ou orgullo…pero como non me sentín ben tratad@, dame igual que me cobres menos…vóume e punto.
    Dis: “Lóxicamente esta será a oferta actual. Dentro de 4 ou 5 anos a cousa non quedará igual….” Volvo a sentir que me estás tomando o pelo. O vindeiro mes de decembro farei 2 anos con R, se chego aló con vos, esta será A TERCEIRA SUBIDA DE PREZO QUE ME FACEDES. A cambio de???? nada!! ren!! res!!! ezer!! E se me vas a falar do aumento de puntos wifi na rúa, como xa fixéstedes na anterior subida…afórrao, nin os uso, nin os preciso.
    Un saúdo para ti tamén.

    • Ola, cóntameourtra.

      No caso do taxi o prezo dos carburantes baixaron, co cal poden reducir custos de aí. De todos os xeitos, xa hai distintas patronais que están a subir os prezos:

      http://www.elperiodico.com/es/noticias/barcelona/print-563944.shtml

      En todo caso, como digo, é un tema de cada sector e dos custos que teñen. No noso caso os custos subiron e se queremos ser competitivos e non quedar atrás, ao tempo que seguir sendo viables como empresa (coa responsabilidade social que iso implica, tendo en conta as miles de persoas traballando neste proxecto), temos que tocar prezos.

      Sobre o das melloras no servizo, no teu caso agora tes un 50% máis de datos. Contas con 1,5GB de datos fronte ao 1GB que tiñas antes. No caso de que precises menos datos, lembra que teremos unha tarifa con 500MB e chamadas a 1cent/min+establecemento dende só 8€, que agora pasará a contar con chamadas a 0cent/min+establecemento e 1GB por 9€.

      Un saúdo.

      Un saúdo.

      • cóntameourtra di:

        O caso do taxi….é híbrido, moito máis do que aforra coa baixada esa do combustible estáo invertindo no vehículo, que como saberás, ten un custo moito máis elevado que a súa versión convencional, así como as reparacións e repostos e por ende os seguros, tamén son máis caros. Ó mellor, este homiño prefire recortar o marxe de beneficios e aumentar a clientela, ó final, os números dan.
        Con respecto ó enlace ese que pon, non me queda claro se a nova é só para Catalunya ou para toda España…..creo que en Buenos Aires tamén queren subir as tarifas dos taxis, por se quere poñer o enlace tamén. Quero dicir con isto, que máis ca un argumento (que de selo é moi pobre) é outra excusa.
        Si do que quere falar é dos datos que teño contratados….
        Se eu teño 1GB, e vostedes súbenme a 1.5GB cobrándome máis SEN QUE EU SOLICITE NADA….donde está a ventaxa? Auméntanme os datos, pero tamén o prezo, quen gaña? non fai falla que me conteste…
        Por certo, dicirlle que ten feita a correspondente reclamación por revelar datos nun foro público que penso que só atañen á empresa e ó cliente. Non creo que lle importe a ninguén se teño unha, dúas, vinte ou cincuenta liñas contratadas con vostedes. Así como tampouco lle interesa a ninguén os datos que teño nelas. Se precisa vostede revelar datos privados para darlle corpo a un pobre argumento, mal vai comigo.
        Deixareille outro recadiño en Consumo.

        Moitas gracias.

        • Ola, cóntameourtra.

          Antes de nada, desculpas por se a miña resposta che causou malestar. Lonxe da miña intención.

          De feito, nesta canle o que intentamos é dar unha resposta a cada caso, como unha canle de atención, máis próxima. O que non queremos é que sexa algo frío e con respostas estándar.

          En todo caso, comentar que loxicamente o tema da protección de datos é algo que nos preocupa e co que intentamos ter moito coidado. Neste caso, consideramos que non hai revelación algunha de datos ao falar só dun produto (que teñen contratados milleiros de clientes) e non doutros datos que si se consideran de carácter persoal, como o nome, apelidos, DNI, o enderezo, o número da liña…

          É máis, habitualmente aquí hai clientes que publican o seu DNI ou algún outro dato e sempre os borramos e o indicamos, para que non estean visibles para outros usuarios que poidan facer un uso inadecuado.

          De novo, desculpa e para o que precises, tesme á túa disposición.

          Un saúdo.

  10. cóntameourtra di:

    a min o que publiquen os demáis NON ME IMPORTA. E o que eu teño contratado TAMPOUCO LLE IMPORTA A NINGUEN, téñano contratado milleiros de persoas ou dúas. Para min o que eu contrato ou deixo de contratar E PRIVADO, para vostedes non???

    • Ola de novo.

      De verdade que no foi a miña intención molestar, como digo. Ao contrario. Unicamente tentei dar unha resposta personalizada, porque se trata dunha canle aberta para todos os clientes, onde buscamos responder un por un ao que nos preguntan. Neste caso como se preguntou en que mellorara o servizo contratado, busquei responder de forma concreta, porque moitas veces os usuarios nos din que evadimos responder.

      En todo caso, insisto, desculpas porque é un tema para nós serio e no que intentamos ter o maior dos coidados. No teu caso non acertei, polo que perdoa.

      Un saúdo.

  11. cóntameoutra di:

    Insistes en venderme como unha mellora algo que me estás facendo pagar. Se me das máis datos de valde, é unha mellora para min. Se me das máis datos(insisto, cando eu non o solicito) pero por outro lado me estás aumentado a tarifa, a mellora e o negocio, é para ti. Xa lle podes poñer os lazos que queiras…
    Non hai revelación de datos cando falas dun producto, pero si sinto atacada a miña privacidade cando revelas cal é o producto que teño contratado eu.
    Esta é a miña resposta concreta á túa resposta persoalizada.
    Non é a primeira vez que falo tanto neste foro como no Facebook, e sempre, repito sempre que tiveron que darme un trato persoalizado, ben sexa para falar das miñas tarifas ou contrato, fixérono por privado.
    Podo entender que o teu posto non é fácil, e máis dunha vez tes que defender o indefendible, e por esa parte acepto as túas disculpas pero, igual ás veces é mellor non ter tanta celeridade á hora de contestar e darlle unha voltiña antes de facelo.

    Boas tardes.

  12. Hugo di:

    Boas,
    Eu quería saber si no comportamento de chamadas incluir que chegue unha mensaxe cando o móbil está comunicando (ademáis de apagado ou fora de cobertura) ten algún custo a maiores, de certo imaxino que non… pero como a configuración por defecto non o inclúe, pois nunca está de máis preguntar (é porque son novo cliente de móbil R).
    Gracias e un saudo!☺