menú
app de R configuración del contestador

App de R: configura o contestador do teléfono fixo

19/05/2016
Blog R

Ola. Hoxe ensinámosche a configurar desde a app de R o contestador do teu teléfono fixo. Situación: estou fóra de casa e espero unha chamada. Solución R: enviámosche ao correo electrónico as mensaxes que che deixen no contestador e vía fax. Útil, verdade?

En R pensamos que a diario xa tes bastantes preocupacións como para perder un recado importante que che deixen no contestador de casa. Imaxina que che anularon unha cita, non escoitaches a mensaxe e quedaches plantado. Aí é cando pasa pola túa mente algún emoticono  e pensas que ben che viría ter activada a función “reenvío de mensaxe a correo electrónico”. Nin che contamos, o práctico que é se estás de viaxe.

En que consiste? É un servizo que che permite reenviar ao teu correo electrónico as mensaxes de voz e fax. Podes escoller entre recibir todas as mensaxes, só os de voz ou só os faxes. Á túa caixa de correo chegará un correo cun arquivo .WAV se che deixaron unha mensaxe de voz e un arquivo .TIF se recibiches un fax.

app de R configura contestador

Para activalo rapidamente dende o móbil, entra na app de R e segue a ruta configurar > configurar teléfono > configurar contestador voz e fax

Se é que dende a app de R podes facer de todo, menos aprender inglés . Descárgaa xa se tes un móbil Android ou un iPhone.

Aquí tes máis posts sobre a app de R:

Un saúdo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

4 comentarios

  1. Jose Maria di:

    No puedo hacer un comentario de algo que no conoco.

  2. Blank di:

    Cómo se configura desde el PC? No puedo instalar la app