menú
app de R atención al cliente

App de R: atención ao cliente

13/06/2016
Blog R

Continuamos achegándoche as utilidades da app de R. E hoxe queremos falar de ti, porque cremos que a inmediatez e a proximidade co cliente nos fai ser quen somos. Para poñerche en contacto connosco facilitámosche moitas canles (teléfono, correo, redes sociais…), pero igual non sabías que tamén podes resolver as túas consultas vía chat dende a app de servizos R (Android e iOS). Ademais de chatear cun operario, dende a aplicación tamén podes avisarnos dunha avaría, poñer unha reclamación, tramitar as túas citas e moito máis.

Para acceder a algún destes servizos, só tes que abrir a app e pulsar o botón contacta con R. Aí atoparás varias opcións de xestión:

  • A miña cita de instalación: podes ver as citas pendentes, fixalas e modificar a data ou a hora.
  • Avisar dunha avaría ou ver o seu estado: en ocasións pode fallar a túa conexión ou ben un servizo. Na nosa aplicación móbil podes facer un diagnóstico completo e directo do teu servizo, coma se o estivese a ver un técnico contigo. Aí verías se hai unha incidencia na túa zona, se hai algo mal configurado, como tratar de resolvelo…Tes un diagnóstico completo tanto para a túa conexión de internet como para o servizo móbil:
    app de R diagnóstico
    app de R diagnóstico móvilE se a incidencia é máis complexa, podes abrir directamente unha avaría e o noso servizo técnico contactará contigo para facer outro tipo de probas.
  • Ver estado ou poñer unha reclamación: esperamos que non sexa necesario, pero se é así, podes abrir unha nova reclamación ou consultar o estado das que abrises
    app de R reclamación
  • Chat: se prefires, podes chatear cun operador para preguntarlle calquera cousa. Responderá as túas dúbidas todos os días laborables, de 10 a 22h.
    app de R chat

Se non coñecías algunha destas ferramentas, esperamos que a partir de agora botes man delas porque son verdadeiramente útiles.

Aquí tes máis posts sobre a app de R:

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

5 comentarios

  1. David G. di:

    Genial como siempre, y una buena manera de no colapsar el servicio telefónico y ahorrar esperaras por otro lado. Buena iniciativa. Un saludo.

  2. Pilar di:

    Ola, estou leendo na Web, que desaparece o roming, pero no me queda demasiado claro; Na miña familia todo temos mobil R, e un dos membros esta no extranxeiro , na zona 1, podemos falar entre nos sin ningún custo añadido? Gracias.

    • Ola, Pilar.

      Non desaparece o roaming. O que indicamos é que se estás nun país da UE e te chama alguén, agora non vai ter custo para ti.

      Se ese familia está en Francia ou en Reino Unido, por poñer un caso, e o chamades, agora para el iso non terá ningún custo engadido. E a ti custarache o mesmo, como se o móbil estivese en España.

      Pero se chama el, si terá custo.

      Un saúdo.

  3. miguel di:

    cuando vamos a tener futbol en r y velocidad 4g porque nos estamos quedando algo atrasados en eso casi todos los moviles nuevos vienen para 4g pero no tenemos ese servicio.muchas gracias