menú

Activa ata 10GB gratis nas túas vacacións

14/07/2017
Blog R

Ola. Hai pouco contámosche que unha das vantaxes da nova oferta comercial que tiñamos en R era internet comigo.

A idea é que, naqueles momentos en que máis o necesites, poidas ter datos extra. Por exemplo, agora que colles vacacións no verán e estás fóra da casa. Como non podes tirar do wifi, contas con xigas e xigas gratis grazas a R. Boa idea, non si? 

10GB ou 6GB gratis

Segundo o servizo que teñas contratado podes coller ata 10GB gratis ao longo do ano. Podes activar un bono para usar durante 15 días e, se necesitas outro, podes activalo de novo.
Estas son as opcións dispoñibles:

  • dous bonos de 3GB ao ano: se tes contratada unha plana 3GB ou superior xunto cun combo ou combo SEN que conte con 50 megas.
  • dous bonos 5GB ao ano: se tes contratada unha plana 3GB ou superior xunto cun combo ou combo SEN que conte con 200 ou 350 megas.

Actívao

Usar estes bonos de datos é moi sinxelo. Só tes que ir á web de clientes e seleccionar “internet comigo”.

Se cumpres o requisitos para ter os bonos gratis, só tes que escoller a liña na que queres ter eses megas extra gratuítos e listo. A desfrutalos a tope!

Mifi

No caso de que queiras compartir o plan de datos entre diferentes dispositivos, tes a opción de activar dende o terminal “compartir internet”. Ou ben podes coller un dispositivo mifi en R.

Dese xeito, poríaslle a tarxeta SIM ao aparello e compartiría internet, como se se tratase dun router wifi para poder conectar os dispositivos que ti queiras de xeito seguro e rápido 

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

12 comentarios

  1. Fernando Ht di:

    Poñer en prensa que por ser cliente de R tes wifi na praia gratis é publicidade engañosa…
    as condicions requeridas para activar os bonos non son as de todos os clientes de R

  2. Modesto di:

    Me parece una idea genial. Enhorabuena por esta iniciativa.

  3. Chema di:

    Na miña conta hay 4 móviles R tres de eles con tarifa de mais de 3 gb. ¿Te ría cada un dereito a dos bonos?

  4. Guillermo di:

    “Activa ata 10GB gratis nas túas vacacións”. O título paréceme enganoso, máis que nada porque estes datos son para consumo exclusivo en territorio nacional, cando moitas persoas van de vacacións a países da Unión Europea, na que agora xa podemos usar os nosos datos de balde.

  5. Sandra Calvelo di:

    E unha moi boa promoción. A verdade e que entre internet conmigo a subida a 5gb e WiFi clientes r mellorachedes moito nos datos. E a liña 4G vai moi ben.
    Por sinalar algo a mellorar, acabamos de voltar de Disney en paris e non ti en 4G so 3g e mal sobre 1mb de velocidad.

  6. Javier di:

    Hola una pregunta si activo el internet conmigo a 6 días del cambio de ciclo, que pasa sigo consumiendo el internet conmigo hasta el día 22 o sigo hasta la finalización del bono gratuito y después se activa la tarifa normal? Gracias