menú

Cales son as vocacións TIC do futuro en Galicia?

12/09/2019
Blog R

A transformación dixital xa está aquí. Non só consiste en adaptarse aos cambios: o futuro pasa por aproveitar ao máximo o potencial da tecnoloxía. Neste contexto xorde o proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030, na que participou R.

R, xunto con outras empresas galegas, colaborou na elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030 participando nas mesas de traballo e no I Foro de Debate Profesional. O obxectivo é afrontar os retos da futura dixitalización na próxima década.

Cambian os modelos de relación, o patrón económico e tamén a concepción do papel de traballo, de aí a relevancia de avaliar o impacto e os cambios que no sector do emprego vai xerar esta transformación dixital.

Os retos da futura dixitalización

A AMTEGA iniciou a elaboración da Estratexia dixital de Galicia 2030. Trátase dunha estratexia dixital única para Galicia cuxo obxectivo fundamental é afrontar os retos da futura dixitalización na próxima década para que a comunidade estea preparada e ademais poida beneficiarse das oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías.

Os catro eixes básicos da estratexia son: capacitación dixital, confianza e transparencia, consolidación dun ecosistema dixital e promoción do liderado dixital.

A capacitación dixital deriva de que o 90% dos empregos requirirán esa cualificación. Ademais, as novas tecnoloxías deben respectar a privacidade e as normas éticas, sendo para iso imprescindible que se xere un clima de confianza e transparencia.

Doutra banda, a consolidación dun ecosistema dixital fortalecido pasa pola existencia de proxectos que sexan capaces de transformar os diferentes sectores económicos.

Esta nova estratexia dixital segue a liña de políticas europeas similares. De feito, a metodoloxía de elaboración derivará do Centro Común de Investigacións da UE, pero é importante destacar que será un proceso participativo aberto ás achegas das empresas, da cidadanía e das administracións.

Entrega de premio

Cales serán os roles profesionais con maior impacto no sector TIC nun futuro próximo?

Técnicos, expertos e especialistas en ciberseguridade, intelixencia artificial, experiencia do cliente, tecnoloxía cloud e en sistemas do tempo real son os roles profesionais que destacan nas conclusións do estudo de perspectiva e tendencias para o 2030.

Mención especial merecen os arquitectos de big data, analistas e científicos de datos, cuxo significativo impacto aparece tamén no devandito informe, que será determinante para a defición do catálogo de profesións do futuro.

Por contra, a futura dixitalización parece que reducirá o impacto no sector a futuro de profesionais da enxeñaría optoelectrónica, holografía e óptica, especialistas en materiais, computación cuántica, blockchain, gamificación ou tecnoloxía 5G.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.