menú
tranquilidadeR

tranquilidade R no teu negocio

12/02/2019
Blog R

tranquilidade R é o novo servizo que protexe o teu PC, portátil, smartphone e tablet de distintas ameazas que aproveitan as vulnerabilidades destes dispositivos.

Este novo servizo ofrece unha protección avanzada e sinxela de xestionar a través do sistema de Panda Security. Esta solución pódela instalar en 5 dispositivos diferentes para evitar a entrada de malware e fugas de información. Ademais, detecta máis de 25 millóns de ameazas que se van actualizando a medida que se localizan.

Todo para a tranquilidade do teu negocio ou empresa !

Que inclúe tranquilidade R?

– Seguridade multiplataforma: ofrece protección inmediata e efectiva contra ameazas coñecidas e descoñecidas, grazas á conexión en tempo real coa intelixencia colectiva.
– Control de dispositivos: posibilidade de bloquear dispositivos (memorias USB, discos duros extraíbles, etc.) para evitar fugas de información, permitindo restrinxir a lectura-escritura sobre os mesmos.
– Xestión centralizada: fácil de xestionar, só se necesitas un navegador para xestionar a protección antivirus e firewall de maneira centralizada para todos os PCs, servidores e portátiles da túa empresa ou negocio.
Ademais, todas as operacións de tranquilidade R realízanse na nube e non é necesario que instales ningunha infraestrutura no teu negocio.

Como contratar tranquilidade R?

Xa podes contratar tranquilidade R na web de clientes por 4,72€ ao mes (IVE incl.).
tranquilidade R

encaixe R

Este servizo enmárcase dentro da nova oferta comercial de R, encaixe R, que ofrece solucións específicas de telecomunicacións a profesionais e negocios para ser máis competitivos e ofrecer o mellor servizo aos seus clientes.

En R sempre tentamos coidar ao máximo os nosos clientes e proporcionarche un trato especial e con encaixe R ofrecémosche diferentes detalles por ter con R os teus servizos de telecomunicacións.

Os obxectivos de encaixe R son:

  1. Ofrecerche servizos de telecomunicacións que te axuden a impulsar o teu negocio.
  2. Coidar, aínda máis, os nosos clientes.
  3. Adaptarnos á túa mobilidade e produtividade, con solucións como o fax IP, o multiring, Office 365 ou o servizo tranquilidade R, entre outros.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

máis info?

déixanos aquí os teus datos



lín e acepto a política de privacidade

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.