menú

Renda 2015: claves para facer a declaración

12/05/2016
Blog R

Xa estamos en plena campaña da Renda 2015. Toca sacar a calculadora, facer cábalas e por suposto, tirar dun bo asesor para non ter problemas coa Axencia Tributaria. Se xa é aburrido para un traballador por conta allea realizar a declaración da renda, imaxina o complicado que é para un autónomo que nin sequera recibe o borrador por parte da Axencia Tributaria.

Se es autónomo, estas son as cinco cousas que debes ter en conta á hora de facer a declaración da renda:

 

1. É obrigatorio que presente a declaración da renda?

 

Se tes un único pagador, estarás obrigado a facer a declaración se percibes máis de 22.000 euros ao ano. No caso de que teñas máis dun pagador, a suma das cantidades recibidas doutros pagadores non pode superar os 1.500 euros.

Agora ben, elévase a 12.000 euros a renda máxima anual que exime de facer a declaración aos contribuíntes que teñen máis dun pagador, sempre que a suma das cantidades recibidas doutros pagadores non supere os 1.500 euros.

 

2. Podo facer a declaración pola web ou teño que acudir a unha oficina da Axencia Tributaria?

 

Facenda pon á nosa disposición unha aplicación web chamada Renda Web, un novo sistema para presentar a declaración. Pero isto ten truco: se es autónomo ou tes unha empresa, non poderás utilizar o programa de Renda Web. Senón que poderás pedir cita para presentar a declaración de forma presencial ou poderás descargar no teu ordenador o programa PADRE.

 

3. Que debo ter en conta respecto ao ano pasado?

 

  • A baixada do IRPF de xullo de 2015.Ten en conta que en xullo do ano pasado o IRPF sufriu unha baixada de catro puntos (pasou do 19% ao 15%), polo que as facturas emitidas antes de xullo deben gravar un 19%, mentres que as posteriores, deben facelo sobre un 15%.
  • Se queres deducir gastos, estes teñen que estar suxeitos á túa actividade económica para poder desgravalos.
  • Se traballas dende a casa, podes deducir no IRPF as subministracións. Isto quere dicir que se creou un modelo mixto para calculalo que inclúe a túa vivenda. Teranse en conta os metros cadrados da casa que utilizas para traballar, así como os días laborables e o número total de horas da túa xornada laboral.
  • Non esquezas incluír na túa declaración gastos a deducir como seguros de vida ou de saúde.

 

4. Que prazo teño para entregar a declaración da renda?

 

Ata o 25 de xuño, podes presentar a declaración con resultado a ingresar con domiciliación bancaria.

O 29 de xuño é o último día para solicitar cita previa.

O 30 de xuño é o último día para presentar a declaración en todas as súas versións, menos a declaración con resultado a ingresar con domiciliación bancaria. Lembra que esta só se pode entregar ata o 25 de xuño.

 

5. Se entreguei a declaración con erros, podo facer algo para arranxalo?

 

Se xa presentaches a declaración da renda e caíches na conta de que cometiches algún erro, non te preocupes, xa que a Axencia Tributaria pon á túa disposición diferentes vías para emendar calquera fallo.

Se esqueciches declarar unha renda exenta ou non te lembraches de aplicar algunha dedución á que tiñas dereito, podes solicitar na Administración da Axencia Tributaria que che corresponda unha rectificación.

No caso de que os fallos que cometeses vaian contra Facenda, a túa declaración debe regularizarse mediante a presentación dunha declaración complementaria.

 

Se aínda non fixeches a declaración da renda, aínda estás a tempo. Iso si, non te relaxes que o tempo corre. Se tes dúbidas, o mellor é que te poñas en contacto cun asesor ou cunha xestoría para que che boten unha man durante este periplo. Ánimo!

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*