menú

Tarifa R para empresas: liñas móbiles con chamadas ilimitadas e 3GB, por só 13€

15/04/2016
Blog R

En R sabemos que para os nosos clientes profesionais ou que teñen un negocio, é fundamental estar sempre conectados. O móbil é hoxe en día unha ferramenta indispensable para falar cos clientes, cos provedores, para organizar o traballo entre os empregados da empresa… Así que precisan dunha tarifa que responda, coas máximas prestacións e, a poder ser, que non dispare os gastos do mes.

En móbilR demos un primeiro gran paso, pensando nos nosos clientes de negocios, ao lanzar chamadas ilimitadas entre as liñas do mesmo contrato (cun máximo por chamada de 60 minutos). Pero agora queremos dar outro paso, polo que sacamos unha tarifa pensada para as túas liñas adicionais, para que non só teñas chamadas ilimitadas entre os teus números.

Coa nova tarifa R, se xa tes unha liña con tarifa ilimitada (plana 22 ou plana 32), podes coller ata tres liñas adicionais ao mellor prezo e coas mellores condicións do mercado.

Que ofrece? Por só 10,74€ (13€ IVE incl.) tes chamadas ilimitadas a calquera teléfono fixo ou móbil a nivel nacional (cun máximo de 1 hora por chamada, pero podes colgar e chamar as veces que queiras), datos ilimitados a través de wificlientesR e, ademais, 3GB de datos. Soa ben, a que si?

Pois xa pode ser túa, porque está dispoñible dende hoxe para todos os nosos clientes de empresa. Só nos tes que chamar ao 1446 ou ben enviarnos un correo a fala-con-R@mundo-R.net e tramitaremos a túa petición.

Ademais, mantés os descontos que xa tes no teu combo ao ter os teus servizos integrados con R. E continúas a desfrutar, por suposto, da mellor atención ao cliente e soporte técnico dende Galicia e da mellor calidade de servizo, pero agora tamén cun prezo sen competencia.

máis info?

déixanos aquí os teus datos



lín e acepto a política de privacidade

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
acepto os termos e condicións*

10 comentarios

  1. Domingo GONZALEZ di:

    -quero que me actualicen a tarifa do telefono

  2. urbano ferreiro ferrares di:

    Gustariame saber si podo millorar o que teño, e se podia aforrar algo.
    Un saudo

  3. Víctor Santos di:

    Esta promoción solo é si tes unha segunda línea de movil?

  4. Mariano Méndez González di:

    Bos días:

    Cal he o maximo de segundas liñas que se poden ter.
    Si eres unha empresa tamen o mismo caso?.

    Saudos.

  5. martin di:

    Actualmente teño dúas liñas coa tarifa 22, e ambas con renovación de móvil. Podo converter unha delas a tarifa R?. Seguirei mantendo o prezo mensual dos móviles en renovación?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*