menú
SPIN 2016

SPIN 2016 en Galicia

01/09/2016
Blog R

O maior evento de emprendemento universitario de Iberoamérica, SPIN 2016, celébrase en Galicia. Concretamente en Santiago de Compostela, do 29 de setembro ao 1 de outubro.

Cada dous anos celébrase este evento dirixido a emprendedores, universitarios, investigadores, empresas e investidores. Nel compártense experiencias e coñécense as últimas tendencias do mercado que proveñen da investigación universitaria.

O Gaiás-Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acollerá esta nova edición na que haberá conferencias, workshops, showrooms e na que se entregarán os premios aos modelos de negocio máis innovadores dentro do programa Model2Market. Ademais conta cun foro de investimento no que participan varias empresas que impulsarán os novos proxectos dos emprendedores universitarios.

No vídeo que aparece a continuación podes ver un resumo deste evento organizado por Rede Emprendia.

 


 

A inscrición ao SPIN 2016 é gratuíta e ademais do programa oficial do 24 ao 28 de setembro realizarase a experiencia The Spin Wayna que os emprendedores preinscritos empezarán a quentar motores durante catro días de aprendizaxe vital e empresarial acompañados dun mentor.

O seu programa oficial contará coa participación de distintos oradores entre os que destacan, Vicente del Bosque, ex-seleccionador español de fútbol, Leticia Gasca, co-fundadora e directora de FuckUp Nights e Failure Institute, Garret Mcnamara, surfeiro profesional e Gisela Pulido campioa do mundo de kitesurf freestyle que contarán a súa experiencia, que resultará moi útil para os mozos emprendedores.

Se non te apuntaches, aínda estás a tempo. Podes facelo a través da web de SPIN 2016, pero bule
porque as prazas son limitadas.

Ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios