menú
imaxe: Xornadas: Xoves Emprendedores na Cidade da Cultura

Mozos emprendedores: pódese aprender do fracaso

12/04/2016
Blog R

As persoas teñen pánico á palabra fracaso. Significa malogro, caída magoante e ruína funesta. Con todo, para os emprendedores (quen ás veces parecen doutro planeta), fracaso é sinónimo de oportunidade.

Baseándose no seu significado positivo, o Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, pon en marcha o programa: Xoves Emprendedores. Levántate e anda. Tres xornadas onde os propios relatores explican,  a través da súa experiencia, como aprender do fracaso e como seguir adiante.

Aínda que as xornadas son gratuítas, é necesario reservar praza. Podes facelo a través do correo cem@cidadedacultura.gal ou a través do teléfono 881 99 98 99.

 

Aquí tes información sobre o programa que che pode interesar:

 

Xoves Emprendedores: Levántate e anda

Emprender é moverse: se non te paras, non hai metas

Cando: 14 de abril de 2016 ás 19:30 h

Onde: Cidade da Cultura – Sala Eisenman

Patricia de Lorenzo e Yolanda Castaño serán as encargadas de abrir as xornadas. Estas dúas emprendedoras explicarán como viviron a evolución das súas carreiras nun mundo tan complexo como o do teatro e a poesía.

Tes máis información sobre esta xornada aquí.

 

Emprender é equivocarse: é necesario caer, para saber andar

Cando: 19 de maio de 2016 ás 19:30 h

Onde: Cidade da Cultura – Sala Eisenman

Antón Reixa e José Manuel Pereiro son dous incansables emprendedores que dedicaron a súa vida a Industrias Culturais. A súa experiencia deixará durante estas xornadas moitas historias sobre as distintas sortes dos seus proxectos.

Tes máis información sobre esta xornada aquí.

 

Emprender é aprender

Cando: 9 de xuño de 2016 ás 19:30 h

Onde: Cidade da Cultura – Sala Eisenman

O arqueólogo José Manuel Costa e a responsable do selo editorial Apiario, Antía Otero serán os encargados de transmitir o necesarias que é ter unha actitude perseverante e entusiasta para loitar por un proxecto propio.

Tes máis información sobre esta xornada aquí.

 

Emprender é un camiño duro no que ás veces conseguen gañar as decepcións. Iniciativas como esta lémbranche que calquera fracaso pode converterse nun éxito con ilusión, perseveranza e esforzo. Ao final, o importante é non renderse. Grava esta idea na túa cabeza, faite unha tatuxe ou mellor, pona de fondo de pantalla do teu móbilR.

Oxalá que lle poidas tirar partido a esta información e mesmo asistir a algún destes encontros. Xa nos contarás 🙂

 

imaxe: cidadedacultura.gal

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios