menú

Freelance, autónomo ou profesional: cinco vantaxes de traballar sen xefes

01/09/2015
Blog R

Se es profesional liberal, autónomo ou como prefiren chamalo agora: freelance, seguro que xa coñeces as vantaxes de traballar sen xefes. Sabemos que tamén hai contras, pero hoxe ímonos centrar en animar aos emprendedores ca mel do autoemprego. Ser o teu propio xefe ten múltiples vantaxes e permitímonos resumilas en cinco. Convírteas en mandamentos, imprímeas e colgaas na túa cortiza para repasalas cando a soidade do emprendor ande a buscar por ti. Aquí van!

 

Horarios flexibles

É a vantaxe número un de ser o teu propio xefe. Poderás levar aos nenos a escola, apurar a xornada con só 20 minutos para xantar, ir ao médico sen mirar o reloxo ou tomar un día sabático e traballar o dobre o día anterior. Ti es o dono do teu horario, pero coidado co que desexas. O horario flexible pode ser un arma de dobre fío. Non traballarás menos que por conta alléa, avisamoste, pero se es quen de organizarte ben seguro que o teu tempo é máis produtivo e che permitirá conciliar mellor vida laboral e persoal. Iso sí, non podemos garantir que non responderás correos dende casa á hora da cea, ou que a fin de semana non lle botarás un ollo a algún balance. É o tributo a pagar se queres darte algún capricho persoal en medio do horario laboral preestablecido.

 

Traballar dende casa

A flexibilidade horaria vai acompañada da elección do lugar de traballo. O teu fillo púxose enfermo e non tes quen o coide? Xa non terás que pedir permiso para traballar ese día dende a casa. A decisión é túa. Senón tes ningún compromiso cun cliente, por que non aproveitar as posibilidades que a tecnoloxía ofrece, atender o fixo no móbil, acceder a toda a túa documentación con solucións na nube ou trocar unha reunión presencial por unha videoconferencia. Ti decides se tes ganas de traballar en zapatillas.

 

Autonomía profesional

Se es dos que esbardalla continuamente contra as decisións dos teus superiores ou sobre a nova liña de negocio que decidiu abrir a empresa, este é o momento de impoñer os teus propios criterios. Xa podes poñer en marcha as ideas xeniais que tanto pregoaches. Ser o teu propio xefe permíteche máis autononía profesional. Iso sí, terás que estar disposto a asumir as consecuencias da túas propias decisións. É máis gratificante, pero tamén máis esixente. Ti decides!

 

Ser máis productivo

Fai un cálculo rápido. Pensa no tempo que adicas cada día a criticar ao xefe, contradecilo, reunirte con el ou rendir contas do teu traballo. Pode que, senón vives obsesionado cos teus superiores, calculaches unha media dunha hora. Se es o teu propio xefe, todo ese traballo está na túa cabeza, a autrocrítica, as reunións contigo mesmo, os informes de rendemento. Para os que odian estar sometidos as imposicións dunha xerarquía, o autoemprego é a súa vía de escape.

 

Libera a túa paixón

E non penses mal. Ser o teu propio xefe permíteche alimentar as túas paixóns profesionais. Podes adicarte a aquilo que máis che guste sempre que atopes rendibilidade, traballar con xente que resulte interesante, perseguir os teus sonos e intentar vivir da túa paixón. Xa non poderás culpar a ningún xefe do teu amargura! Ti mandas. Nas túas mans está facer realidade os teus sonos e divertirte no teu traballo.

 

As vantaxes das estruturas de traballo horizontais, sen xefes, están a convencer as propias empresas, xa no son propiedade exclusiva dos autónomos. No sector das novas tecnoloxías son cada vez máis as compañías que decidiron eliminar a figura do xefe apostando por que cada traballador sexa responsable das súas tarefas. Sónache o caso da empresa mexicana Mejortrato.com? Desapareceron os xefes e impuxeron un horario de traballo de catro días á semana. Se eles puideron, a qué esperas cando depende de ti mesmo?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios