menú
inventa tu comunicacion

I Foro Inventa tu Comunicación: os profesionais reflexionan sobre a comunicación

17/03/2017
Blog R

O I Foro Inventa a tu Comunicación celebrarase o 31 de marzo e o 1 de abril no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela. Neste evento que está promovido pola Escuela Inventa daranse cita máis dun centenar de profesionais de diferentes sectores para intercambiar ideas e proxectos sobre comunicación. Destaca a participación do chef galego Pepe Solla e da directora de Comunicación de Google España e Portugal Anaïs Pérez.

O foro contará con máis de vinte relatores dedicados a diferentes sectores como a mediciña, as tecnoloxías da información e a gastronomía. Ademais entregaranse os Premios Inventa tu Comunicación entre doce finalistas que dispoñerán de once minutos durante o evento para conectar coa audiencia e levar o premio.

Relatores

Son varios e de sectores diferentes, destacan o médico cirurxán Mario Alonso Puig experto en comunicación motivacional e creatividade, Anaïs Pérez directora de Comunicación e Asuntos Públicos de Google España e Portugal, Rosa Yagüe directora de Comunicacións de Coca Cola European Partners Iberia, o cociñeiro de Casa Solla, Pepe Solla, que conta no seu currículo cunha estrela Michelín e dous soles de Repsol e o cómico Víctor Grande.

Todos eles tratarán unha temática transversal “A economía da atención” e a través dos seus relatorios colaborarán na reflexión para alcanzar unha boa comunicación para poder alcanzar uns obxectivos determinados.

 

 

 


 

Premios Inventa tu comunicación

No foro entregaranse dous premios e dúas mencións especiais entre os doce finalistas que dispoñerán de once minutos seleccionados dos seus relatorios das lab class da Escuela Inventa. Entre os finalistas están CEO’s, socios e directores de empresas de Galicia de diferentes sectores como a moda, a hostalería e a gandería, entre outros.

Tamén se entregará unha mención de honra á traxectoria comunicativa Persoa Influínte Internacional.

Para poder participar no evento tes que inscribirte a través da súa web  a que esperas que xa non queda nada para que se celebre e non te vaias a quedar sen praza.

Ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios