menú
emprender-galicia

Cinco razóns polas que emprender en Galicia

22/07/2015
Blog R

Se buscas razóns para emprender en Galicia, nós temos unhas cantas. Non precisas cruzar mares para triunfar! Se cres que tes unha boa idea de negocio, Galicia ten moitos argumentos para que plantes aquí a túa semente emprendedora. Gárdasnos o segredo?

 

Por que emprender en Galicia?

A familia é importante

Se naceches aquí, estudaches aquí ou namoraches aquí, os lazos afectivos atarante a Galicia e, non nos enganemos, a túa rede de contactos tamén. O teu círculo íntimo pode axudarte a poñer o teu negocio en marcha, con ideas, mans para á mudanza, locales en desuso e incluso capital no caso dos máis xenerosos. E, sobre todo, os teus serán quen de darchemillóns de ánimos, de dicir o brillante que es e animarante para que superes cada novo obstáculo. De verdade vale a pena cambiar de aires para emprender?

 

O Igape axuda

Respaldo financeiro, asesoramento para montar unha empresa, axudas para a internacionalización… O Instituto de Promoción Económica de Galicia pon a disposición dos emprendedores as Unidades Galicia Emprende. Nelas atoparás a asesores que deixarán a pel para que a túa idea vaia cara diante e para que a túa empresa creza e se faga grande. Online ou de maneira presencial vante axudar na túa aventura emprendedora, tanto na elaboración dos plans de negocio como a entrar en contacto con redes de investidores. Déixate axudar!

 

Os exemplos animan

Grandes empresas conquistaron o mundo dende Galicia. Ademais de Inditex, existen exemplos doutras grandes firmas líderes no seus sectores como Megasa, Gadisa, Coren, Finsa, Jealsa, Escurís, Estrella Galicia… Historias de emprendedores que creron nunha idea e que atoparon nesta terra os cartos, as personas e a oportunidade de facelo posible.

Por cada sector atoparás en Galicia unha empresa de éxito na que poder inspirarte e capaz de darte a fe precisa para continuar adiante. En R podemos animarte co noso exemplo, o dunha empresa de telecomunicacións que decidiu investir en Galicia para crear unha rede de fibra óptica e axudar a modernizar o país. Non somos o único exemplo do sector TIC, mais de 2.300 empresas conforman en Galicia un sector que xera 15.000 postos de traballo estables.

 

A localización é estratéxica

O curruncho atlántico no que nos situamos deixou de ser un problema para converterse nunha oportunidade. A nosa posición marítima, con case 1.500 kilómetros de costa, convértenos nun enclave privilexiado para o transporte de mercadorías, tanto para o abastecemento como para a exportación. O mar concedeunos tamén unha posición estratéxica en sectores como a pesca, as conservas, a acuicultura ou a construción naval. Nichos de mercado con percorrido en Galicia, nos que os emprendedores poden explotar posibilidades de negocio. Ademais de dous portos exteriores que atraerán novas empresas, Galicia conta en Vigo cunha das tres zonas francas peninsulares, con vantaxes fiscais para as compañías que operen nela. Se o proxecto que vas poñer en marcha ten un perfil exportador, Galicia é unha terra de oportunidades.

 

A proxección exterior suma

Con dez millóns de galegos ou descendentes de galegos repartidos polo mundo, con empresas de renome mundial e sendo o destino final dun camiño que vertebrou Europa, é difícil que dende Galicia non podamos conquistar o mundo. A nosa imaxe exterior suma á hora de vender un proxecto. Alí onde vas para facer crecer a túa empresa poderás atopar unha asociación empresarial de galegos que te pode axudar a empezar.

 

Galicia é terra de acollida, de riqueza natural, de cultura, de turismo, de gastronomía… axúdanos a demostrar que tamén é terra de emprendedores.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*