menú
pelis emprendedores

Pelis para emprendedores

31/01/2018
Blog R

Hai uns meses falamos nesta sección de libros dirixidos a emprendedores, desta volta tócalle a quenda ás pelis que te axudarán a captar ideas, motivarte e comprobar que non estás só no duro mundo do emprendemento.

Historias reais

Cando sabemos que unha peli está baseada nunha historia real aumenta a curiosidade por vela e coñecer os detalles da historia do protagonista. Pero ollo, non todo o que aparece sobre esa biografía sucedeu. Xa que moitas veces os directores teñen que encher fotogramas e botan man da imaxinación .

O mesmo pasa con estas tres pelis que mencionamos a continuación. Non todo é verdade.

‘A rede social’ (2010) está baseada no libro Multimillonarios por accidente. Foi dirixida por David Fincher e conta a historia do nacemento da rede social Facebook.
Despois de ver esta peli coñecerás un pouco mellor o proceso de formación dunha start up e como se desenvolven as relacións laborais e de amizade entre os protagonistas.

‘Steve Jobs’ (2015) é unha peli biográfica sobre a vida de Steve Jobs, co-fundador de Apple. Este filme está dirixido por Danny Boyle e narra o lanzamento de tres produtos claves da marca Apple.
Ao longo da peli pódese ver como evoluciona a compañía e a ética que hai que ter no mundo laboral, xa que é un dos piares para que unha organización funcione axeitadamente.

widget

‘Joy’ (2015) conta a historia da emprendedora Joy Mangano que intenta comercializar a Miracle Mop (fregona milagrosa).
David O. Russell foi o encargado de dirixir esta película que mostra que para vender un produto é tan importante o “como se presenta” como o “que se presenta”.

Motivación modo on

Se o que precisas é un empurrón para motivarte, non dubides en ver esta selección de títulos. Cando remates de velos, vas entender algunhas cousas das que che ocorren ou ocorreron nalgún momento da túa vida laboral.

‘Na procura da felicidade’ (2006) tamén está baseada nunha historia real, a do vendedor Chris Gardner. Foi dirixida por Gabrielle Muccino, quen conseguiu reflectir a paixón e a loita dun emprendedor polos seus soños, a pesar das adversidades que tivo que aturar e de estar a cargo dun neno pequeno.
Se non viches a peli non che desvelamos o final. Soamente dicirche que acaba ben e que ti vas ter un subidón de adrenalina.

‘O discurso do rei’ (2010) o director Tom Hooper trasladou ao cine o inconveniente da tartamudez do rei Jorge VI que lle afectaba nas súas tarefas como monarca. Para poder superar este problema o rei contratou os servizos dun logopeda que fixo que mellorase moito.
Se a ti o que che custa é transmitir as túas ideas e falar en público, con esta peli aprenderás tácticas e trucos que che serán moi útiles.

‘Do revés’ (2015) a peli de animación mostrarache o papel das cinco emocións (alegría, tristeza, ira, medo e noxo) na túa vida.
Ademais, ensínache a xestionar cada unha das emocións sacándolle o máximo beneficio persoal e laboral.

Clásicos entre os clásicos

‘Cidadán Kane’ (1941) é a obra mestra de Orson Wells na que se basea na vida do magnate da prensa norteamericana Randolph Hearst.
O que podes sacar en limpo despois de ver esta peli é que non todo na vida é traballar, ter éxito laboral e facer moitos cartos, hai outras cousas máis importantes.

‘O Padriño’ (1972) Francis Ford Coppola baseouse na novela de Mario Puzo para contar as aventuras da familia Corleone.
Aquí tes todo un exemplo do que é preciso para medrar como empresa, iso sí botando a un lado as tramas mafiosas que traían entre mans .

‘Wall Street’ (1987) Oliver Stone dirixiu esta peli na que a ambición e o esforzo do protagonista son o eixo principal da peli.
Xa se sabe, o que a segue, conséguea e neste filme poderás ver o exemplo claramente.

Así que xa sabes, cando teñas un oco non dubides en ver algúns destes títulos dos que vas sacar algunha ensinanza moi útil para a túa traxectoria laboral, en quen sabe se tamén para a persoal.

Ata a próxima!

Imaxe de https://unsplash.com/@jeremyyappy

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.