menú
office365_azure

Office 365 e Azure a disposición das empresas R

16/03/2018
Blog R

R acaba de asinar unha alianza estratéxica co xigante Microsoft. O obxectivo principal deste acordo é promover, aínda máis, a transformación dixital das empresas R.

Microsoft conta coas solucións tecnolóxicas máis avanzadas e con servizos que farán que o teu traballo na oficina sexa moito máis produtivo, competitivo e rápido.

O produto Office 365 inclúe un paquete ofimático moi avanzado e ademais ofrece un sistema de comunicación por videoconferencia e almacenamento na nube. Xa non terás desculpa para traballar desde calquera lugar do mundo, aínda que non teñas o ordenador contigo, xa que o Office 365 poderalo instalar en cinco dispositivos distintos.

Por outra banda, Azure ofréceche a posibilidade de aloxar a túa información nun datacenter próximo á túa empresa. E completa o seu servizo principal con aloxamento na nube e novas aplicacións.

Para saber máis sobre estes novos produtos falamos con David del Campo López, responsable de Márketing Corporativo Grandes Contas. Explícanos detalladamente en que consiste este acordo e as vantaxes que poderán gozar as empresas R.

– Por que se elixiu a Microsoft para ofrecer estes dous produtos?

Dende R entendemos que Microsoft é un aliado de referencia mundial en todo o que ten que ver coa transformación dixital dos negocios, ofrecendo ferramentas e solucións que facilitan a evolución da nosa forma de traballo e a das nosas empresas.

Nós estámonos transformando con eles, e esa experiencia queremos ofrecerlla aos nosos clientes.

“…trátase dunha proposta dirixida a todo o mercado de empresa.”

– Ademais de fomentar o avance tecnolóxico e mellorar a produtividade das empresas R, que valor engadido achegaralles Azure?

Azure permítenos trasladar dunha maneira flexible a experiencia de datacenter próximo alá onde se atope a empresa facendo uso dos centros de datos que os cloud públicos teñen ao longo do planeta.

Ademais permítenos completar o noso catálogo de produtos de datacenter con todo o ecosistema de solucións SaaS e PaaS que Azure ofrece, e poderemos responder aos requirimentos de elasticidade e escalabilidade rápida de infraestrutura cando o precisen os nosos clientes.

Como valor engadido, e cando o cliente o necesite , dende R e grazas á rede de fibra ofrecemos a posibilidade de conectar directamente a rede privada do cliente cos seus servizos de Azure a través de circuítos punto a punto privados que ofrecen niveis óptimos de prestacións.

– E Office 365?

Office 365 é a nosa proposta comercial que permite evolucionar aos nosos clientes desde un posto de traballo tradicional a unha versión enriquecida de produtividade, ofimática, videoconferencia,… e todo iso baixo un modelo de funcionamento cloud.

Todo iso cun servizo de soporte especializado R desde onde se atenderán as cuestións relativas á configuración e usos destas ferramentas.

– Estes produtos están dirixidos a empresas, pero a que tipo de empresas? Unha peme ou negocio pódese beneficiar das súas vantaxes?

Efectivamente, trátase dunha proposta dirixida a todo o mercado de empresa.

“Os nosos clientes terán dende R todo o soporte técnico necesario e en galego.”

– Grazas a esta alianza, pódese dicir que un cliente de Galicia ten acceso ás mellores solucións cloud?

Así é! Con esta alianza un cliente de R pode estar seguro de dispoñer dunha solución diferencial de datacenter que lle permite estender a contorna de alta capacidade, baixa latencia e seguridade que xa dispón co noso datacenter local.

widget

– Ambos os produtos ofrecen soporte técnico, quen se encarga de realizalo, Microsoft ou R? Está dispoñible galego?

Os nosos clientes terán dende R de todo o soporte técnico necesario e en galego.

“A competitividade dunha empresa está moi relacionada coa súa capacidade para adaptarse e aproveitar as oportunidades da dixitalización.”

– Por que é tan importante a transformación dixital para unha empresa?

A competitividade dunha empresa hoxe en día está moi relacionada coa súa capacidade para adaptarse e aproveitar as oportunidades que a dixitalización está a provocar nas nosas formas de traballo e os nosos negocios

As empresas entenderon perfectamente esta mensaxe e están a aproveitar ao máximo esta oportunidade.

Nós dende R queremos acompañalos neste proceso, achegándolles toda a nosa axuda en solucións, produtos e un servizo de acompañamento de calidade.

Xa sabes se tes calquera consulta sobre a contratación dalgún deste produtos non dubides en contactar con nós pinchando no seguinte botón de máis info.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

máis info?

déixanos aquí os teus datos



lín e acepto a política de privacidade

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

8 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar maderas y granitos Iava di:

    Hola buenos días tengo una empresa y estaría interesada en saber tarifas de lineas par teléfonos para empresa serian sobre 4 o 5 lineas quería saber las tarifas y el coste de de por mes por ser para empresa..

    Muchas gracias
    Un cordial saludo.

  2. Avatar Antonio di:

    Como podemos coñecer mais datos sobre os servicios, precios, etc. dos productos MS para empresas R.

    Grazas.