menú
multiring

Multiring: as chamadas no fixo e no móbil

18/04/2017
Blog R

Multiring é un servizo que se engloba dentro de móbilR e que permite asociar o teu teléfono fixo da oficina ao teu número de móbilR. Ti que non paras na oficina e andas sempre de visita aos clientes, poderás recibir todas as chamadas ao teu móbil sen perder ningún aviso, xa sexa para ben ou para mal.

Podes escoller que as chamadas que ao fixo tamén soen no móbil, ou viceversa. Ti configuras onde responder, xa que podes modificar o comportamento do servizo na web de clientes a través do botón multiring.

Como funciona o multiring?

O único requisito para poder ter o servizo multiring é que teñas contratada unha liña fixa e outra de móbilR. Deste xeito poderás asociar a túa liña móbil á túa liña fixa, sempre e cando non teñas un fax asociado á fixa.

No seguinte vídeo podes ver máis detalladamente como funciona este servizo:


Xa tes claro como vai isto do multiring? En todo caso, temos á túa disposición o manual do servizo, onde podes ver todas as súas funcionalidades.

E recorda que na web de clientes podes cambiar a configuración do servizo sempre que queiras. Así no teu tempo libre podes indicar que as chamadas do fixo da oficina non soen no teu móbil e cando teñas algo urxente podes manter configurado o servizo para que te chamen ao fixo e ao móbil e ti respondes no que teñas máis preto.

Canto custa o multiring?

Podes combinar o fixo no móbil e o móbil no fixo por só 3€ /mes +IVE así que non agardes máis para facerte con el, chamando ao 1446.

De todos os xeitos, para as dúbidas que che xurdan podes consultar a nosa sección de preguntas e respostas sobre o multiring. Ou, coma sempre, con calquera consulta aquí estamos.

Ata a próxima!

máis info?

déixanos aquí os teus datos



lín e acepto a política de privacidade

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.