menú
produtividade

Como mellorar a produtividade?

05/07/2018
Blog R

É a pregunta que todos os traballadores facémonos, Como mellorar a produtividade? Pero non hai unha resposta exacta a esta cuestión.

E parece mentira que no mundo tan tecnolóxico no que vivimos non conseguísemos a fórmula exacta para ter unha produtividade sempre óptima. A tecnoloxía non fai milagres, pode axudar , pero diferentes informes sinala que a pesar da dixitalización a produtividade non se incrementa.

Moitos psicólogos e sociólogos estudaron o tema da produtividade e como alcanzala e a verdade publicáronse estudos moi interesantes. Pero á hora da verdade hai que aplicar coñecementos prácticos.
Nesta ocasión imos contar o que nos funciona a nós para conseguir mellorar a produtividade.

Claves

  1. Rompe coa rutina. Se estás atascado cun problema ou non se che ocorre unha boa idea para desenvolver a túa seguinte tarefa (no caso de que se trate dun labor creativo) vai dar un paseo e a tomar o aire. No caso de que se trate dun proceso mecánico vai tocar quedar sentadiño na túa cadeira e facelo .
  2. O mellor recurso es ti mesmo. Ninguén te coñece como ti a ti mesmo, sabes cales son as túas debilidades, fortaleza e virtudes. Así que tira dese coñecemento para obter os mellores resultados nas túas tarefas.
  3. Lista de tarefas. Tes claro que tes que facer? Se non o tes do todo claro anótao nunha lista, nuns post-its na parede, nun calendario no teu pc, tablet e móbil. De xeito que o vexas ben organizado por prioridades. Aínda que xa se sabe que sempre pode xurdir imprevistos e se é así terás que reorganizar a túa lista de tarefas.
  4. Marca os días. No momento de marcar os prazos das túas tarefas márcaos en días, non en semanas nin en meses. Así parecerá que queda menos tempo para realizalas e poida que te adiantes ao prazo de entrega e gañes tempo.

Un pouco de distracción

Por norma, a distracción e a produtividade están rifadas, pero un pouco de distracción non vén mal para aumentar e mellorar a túa produtividade.

Escoitar música mentres realizas algunhas tarefas axudarate a facelas máis relaxadamente e, ao mesmo tempo ,activará o teu cerebro. Así cho contabamos neste post.

Ir tomar café cos compañeiros ou manter unha charla amena e cun ton moderado (lembra que outros compañeiros están a traballar  ) axudarate a levar mellor a xornada e a desconectar un pouco das túas tarefas.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

imaxe de unsplash.com/@fancycrave

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.