menú
libros para emprendedores

Libros para emprendedores

31/05/2018
Blog R

Hoxe imos suxerir algúns libros para emprendedores que, aínda que non fan milagres, poida que te axuden a captar ideas ou a consolarte (porque non só a ti che ocorren determinadas cousas).

Coa chegada da primavera e do próximo verán, as horas de luz aumentaron, así que xa non terás tanta preguiza para dedicarlle uns minutos ao día á lectura.

Desenvolvemento de novas empresas

Se estás comezando no mundo da xestión empresarial é preciso que aprendas rápido, polo menos a teoría, aínda que logo o método “proba-erro” vai ser o que mellor funcione .

Estes catro títulos axudarante a establecer unha metodoloxía de traballo na túa nova aventura:

  • El método Lean Startup: Eric Ries presenta as empresas de recente creación como se fosen experimentos científicos cos que podes facer moitas probas, pero evitando sempre perder tempo e cartos.
  • El punto clave: Malcolm Gladwell cóntache como determinadas condutas sociolóxicas fan que os mercados cambien e a intención por adquirir un produto ou servizo tamén o fagan.
  • El dilema de los innovadores: Clayton M. Christensen crea neste libro o termo “innovación disruptiva”. Este concepto significa que hai que adiantarse ás tendencias do mercado e ás necesidades dos clientes.
  • El libro negro del emprendedor: Fernando Trías detalla neste libro os erros máis comúns que cometen os emprendedores e explica por que se produciron.

Casos reais

Son seis lecturas que contan dende as experiencias militares de personaxes como Napoleón ou Maquiavelo, ata as traxectorias dos fundadores de Apple e de Nike.

Seguramente de moitas delas poderás extraer consellos para mellorar cada día no teu proxecto empresarial.

  • El arte de la guerra: un clásico entre os clásicos sobre estratexias e tácticas militares escrito por Sun Tzu que inspirou a moitos personaxes históricos como Napoleón ou Maquiavelo. Son moitas as leccións que podes aprender deste libro pero, a máis importante, é que a información é poder.
  • Steve Jobs: biografía escrita por Walter Isaacson que narra os éxitos e fracasos laborais de Jobs ao longo da súa vida. Trátase dun dos modelos empresariais aos que lles gustaría parecerse moitas empresas.
  • Nunca te pares: é a autobiografía do fundador de Nike, Phil Knight. Este libro conta a historia da empresa americana fundada en 1962 que comezou como unha start up cuxo primeiro investimento foron 50 dólares.
  • Salir del abismo: este libro está escrito polo gurú do márketing Seth Godin, cuxo título orixinal é The Dip, e é interesante para todo tipo de público, non só para emprendedores. Axudarate a saber se debes seguir co teu proxecto e esforzarte moito máis ou debes pasar a outra cousa.

Xa nos contarás as ensinanzas que sacas dalgúns destes títulos, e quen sabe, ao mellor ata te animas ti a escribir a túa propia experiencia profesional.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

Imaxe de Ben White.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.