menú
vuelta al trabajo

Volta ao traballo

15/09/2016
Blog R

Setembro e volta ao traballo son sinónimos, os pequenos da casa volven á escola pero moitos de nós volvemos á oficina Pero non fagas desta situación un drama e pon todo da túa parte para levala o mellor posible.

En primeiro lugar se positivo, está claro que a volta ao traballo é a volta á rutina pero podemos retomar boas costumes como relacionarnos cos nosos compañeiros e facer diferentes actividades fóra do horario de traballo. E tampouco tes porque facelas cos teus compañeiros se non che apetece, fainas con colegas que teñan un horario similar ao teu.

Aproveita tamén para retomar as túas afeccións xa que no verán adoitamos relaxarnos tanto que as deixamos de lado. E se entre esas afeccións está practicar calquera tipo de deporte, mellor que mellor, e se xa te motivas moito podes ir ao traballo en bicicleta 😉 mentres dure o bo tempo claro.

No verán fanse moitos excesos na alimentación diaria e é máis desordenada. Aproveita agora para comer ordenadamente, ou aínda mellor, podes sacar tempo para cociñar ti mesmo. Xa verás que é moi satisfactorio, se cadra atopas o chef escondido que hai en ti. E se a unha boa alimentación se lle une un descanso nocturno óptimo, xa cumpres dúas das premisas básicas para volver á oficina cun sorriso.

Sabémolo, a volta tamén vén cargada de máis volume de traballo, o que quedou atrasado e o actual. Pero non hai problema, soamente é cuestión de organizarse mellor e para iso a tecnoloxía sempre está do noso lado e podes botar man dalgunhas apps que che axudarán a xestionar o teu tempo e priorizar tarefas.

  • Evernote: axúdache a lembralo todo incluíndo fotos, notas de voz, listas etc. Pódese usar no teu pc, tablet e móbil (dispoñible para android  e iOS e sincroniza todos os datos na nube.
  • Hightrack: ordena as tarefas do día en función do tempo que leva a realización de cada unha e así mellora a túa produtividade. Tamén permite sincronizar toda a información na nube e moitas máis funcións e instalalo no teu móbil android, iOS e o teu pc.
  • Rescue time: axúdache a xestionar mellor o tempo e a que dedicas máis horas. Rexistra as webs, aplicacións e programas aos que dedicas máis tempo e ao final do día mostrarache un informe no que indica que tempo é produtivo e canto improdutivo. Polo momento só está dispoñible para o teu computador e para android.

Como ves son todo indicacións que che facilitarán a volta, agora tes que poñer ti da túa parte pero seguro que o levarás moi ben. Se é que hai que verlle o lado positivo a todo, que sempre o hai

Ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios