menú

Workplace: a rede social para empresas de Facebook

03/11/2016
Blog R

Social Business transformou  a maneira na que nos comunicamos no noso negocio. As redes sociais, como Workplace, pasaron a formar parte da cultura empresarial converténdose nunha ferramenta clave para falar con compañeiros e estar ao día do que pasa na empresa. Se aínda non tes claro que é iso do Social Business, recomendámosche este post.

 

Que é Workplace?

Workplace é a nova proposta de Facebook para integrar as redes sociais dentro da empresa. Non, nos malinterpretedes, non serve para saber que tal o pasou o teu compañeiro durante as súas vacacións ou que tal foi a festa de aniversario do teu xefe.

Workplace vai máis aló. Cada empregado da empresa terá un perfil co seu propio muro, onde poderá chatear, realizar videoconferencias, participar en eventos, compartir noticias ou vídeos de interese para a empresa. Mesmo poderá compartir tarefas en grupos de traballo alleos á empresa.

Workplace conta con aplicación web, de escritorio e móbil para que poidas utilizalo esteas onde esteas.

Descobre máis sobre Workplace, aquí.

 

Alternativas a Workplace

Workplace non está só no mercado de redes sociais adaptadas á empresa. Estas son as tres alternativas máis fortes a Workplace.

Slack

Slack é unha ferramenta de mensaxería instantánea para empresas na que podes integrar: Dropbox, Drive, Twitter…

Do mesmo xeito que Workplace, podes utilizar Slack desde a súa aplicación online, de escritorio ou móbil.

Descubre máis sobre Slack, aquí.

Yammer

Yammer é a alternativa a Slack e Workplace de Microsoft. Yammer permíteche manterte ao tanto do que sucede na túa empresa e traballar en equipo con maior facilidade.

Ademais, Yammer está pensada para que poidas integrar sen problemas ferramentas de Office como Word ou Excel.

Descubre máis sobre Yammer, aquí.

HipChat

Esta ferramenta non lle ten nada que envexar a Workplace. Con HipChat podes crear grupos, chatear por privado cos teus compañeiros  e compartir documentos e imaxes para facilitar o traballo en equipo.

Descubre máis sobre HipChat, aquí.

 

Ferramentas como estas axilizan o traballo en equipo e a comunicación interna. Xa nos contarás se te animas a integralas na túa empresa.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.