menú
relaciones publicas

Relacións Públicas: deseña a túa propia campaña

05/05/2017
Blog R

As Relacións Públicas son unha acción de comunicación que toda empresa debe facer, sexa grande ou pequena, o tamaño non importa . Este tipo de actividade débese adaptar ao tipo de empresa, ao seu público, aos produtos e servizos que fabriquen ou distribúan e, como non, ao seu orzamento.

Antes de iniciar algunha campaña de Relacións Públicas hai que marcar os obxectivos aos que queres chegar e logo “ao choio”. Non podes decidir lanzar unha campaña porque si e sen sentido soamente pensando na premisa “mellor que falen de min, aínda que sexa mal”.

As Relacións Públicas presentan un abanico moi amplo de accións para conseguir os obxectivos previamente definidos, atrás quedan as campañas que ideou o fundador das Relacións Públicas, Ivy Lee.

Como facer unha campaña de Relacións Públicas?

Como con todo tipo de estratexias, antes de comezar a deseñala hai que analizar a situación da empresa e definir os obxectivos que se queren alcanzar. Os obxectivos neste tipo de estratexias adoitan ser: dar a coñecer unha marca ou mellorar a súa imaxe, apoio a estratexias de márketing, apoio ao lanzamento de produtos ou campañas de responsabilidade social corporativa, entre outros.

Unha vez definidos os obxectivos hai que seleccionar o público ao que irá dirixido a campaña e os medios a través dos que se vai a transmitir. Hoxe en día os medios para transmitir unha campaña de Relacións Públicas ampliáronse moito: non soamente pódense utilizar os medios de comunicación tradicionais, a roldas de prensa e os eventos nos que se reparte merchandising gratis, tamén podemos tirar de accións en redes sociais, blogs e organizar eventos moi orixinais adaptados ás preferencias e necesidades do público obxectivo da túa empresa. As posibilidades que ofrecen Facebook Live, Periscope e Instagram Stories farán que chegues máis facilmente ao teu público e a clientes potenciais.

O seguinte paso é definir a estratexia que engloba as accións coas que vas alcanzar os teus obxectivos definidos previamente, así como as tácticas e técnicas para levala a cabo. Todas as accións da campaña deben estar plasmadas nun calendario, xa que toda campaña ten un inicio e un final; non é cuestión de cansar ao público .

Orzamento e avaliación

Seguramente estás a pensar “o meu orzamento é moi pequeno para facer unha campaña de Relacións Públicas”, pois equivócaste. Trátase dunha das accións de comunicación menos custosas, a condición de que a adaptes á túa situación empresarial, e ademais é moito máis barato que lanzar unha campaña de publicidade.

O máis importante de toda acción de comunicación, e do que moitas empresas esquécense, é avaliala e comprobar en que medida secumpriron os obxectivos para mellorar en futuras campañas e afinar moito máis.

E ti que, anímasche a lanzar a túa campaña?

Ata a próxima!

Imaxe de rawpixel.com

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios