menú
startup

Que é unha startup?

22/09/2016
Blog R

Seguramente oíches moitas veces a palabra startup, sobre todo nos últimos anos. Non é que sexa unha palabra de moda  senón que o que triunfa agora é crear empresas modelo startup.

Unha startup é unha empresa creada recentemente cunha idea innovadora en calquera sector, aínda que a maioría delas están vinculadas ao sector das tecnoloxías da información. O seu modelo de negocio ten custos de desenvolvemento máis baixos, por este motivo é máis fácil conseguir a financiamento para a súa infraestrutura. Esta é unha das causas polas que nestes anos de crise económica xurdiron tantas startups.

Xa se sabe que ao embarcarse nun novo proxecto a pasta sempre fai falla (poderoso cabaleiro é don diñeiro, que diría Quevedo), pero as startups foxen dos créditos e préstamos bancarios. Búscanse outras vías de financiamento, familia e amigos, fórmulas de mecenado como o crowfunding e nalgunhas ocasións búscanse investidores a cambio dunha porcentaxe da empresa.

Ademais, as startups poden contar co apoio de incubadoras ou aceleradoras de empresas para empezar a despegar cos seus proxectos. As incubadoras achegan un espazo físico e algúns servizos básicos a startups a cambio dun prezo reducido. E, por outra banda, as aceleradoras ofrecen durante un período de tempo formación e asesoramento sobre diferentes aspectos necesarios para crecer e desenvolverse como empresa.
A maioría das startups pasan por unha serie de fases de crecemento.

Na primeira delas desenvólvese o produto ou servizo.

fase inicial

A esta etapa séguelle o lanzamento do produto ao mercado.

segunda fase

E unha vez que se empezan as vendas pásase á fase de facer melloras do mesmo.

última fase

Nalgúns casos estas empresas expándense a outros mercados, unha vez que xa se asentaron no sector nacional, pero na maioría dos casos a startup é comprada por outra compañía máis grande que ve oportunidades para mellorar eses produtos ou servizos. É o caso da recente adquisición da startup española Trip4real por parte da multinacional Airbnb.

E ti tes unha idea innovadora? Pois xa sabes, exponte a lanzar unha startup porque quen lle ía a dicir hai uns anos que Apple, Facebook, Twitter ou Privalia se ían converter en xigantes tecnolóxicos cuns ingresos millonarios. Ti podes chegar a conseguir o próximo éxito empresarial .

Galicia era non fai moito a sexta comunidade española en creación de startups. Seguro que coñeces algunhas e doutras como Youdoido , Lapisoft  e Apparcar oirás falar en breve polo seu traballo. Así que en nada seguro que estamos no top 3 de startups en España e moitas delas facilitarannos a vida ou ofrecerán un servizo innovador.

Para que che entre máis a curiosidade, aquí podes ver algúns http://www.twago.es/blog/atencion-emprendedores-12-documentales-que-fomentaran-tu-inspiracion/ que son inspiradores para xente que ten algunha idea emprendedora.

 

 

 

 

 

 

Ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios