menú

4 plugins que non poden faltar no blog do teu negocio

05/05/2016
Blog R

Internet é un mundo. Un único post non é suficiente para explicar as posibilidades que internet ofrece ao teu negocio. Xestores de contido como WordPress ofrecen plugins para que poidas sacar maior rendemento ao teu blog e ter maior visibilidade na rede. Un plugin é unha extensión de código que se instala no noso xestor de contido para mellorar as funcionalidades do blogue. Grazas a eles poden implementar case calquera cousa. Podes crear a túa propia tenda online e comezar a vender por internet!

Roma non se construíu nun día, así que vaiamos aos poucos. Aquí vos deixamos os plugins que cremos que todo blogue debe ter cando comeza a andar:

 

4 plugins que non poden faltar no teu blog

 

SEO: Que é e para que serve?

 

SEO (Search Engine Optimization) é a disciplina que se encarga de mellorar a visibilidade dun sitio web cando o buscamos, por exemplo en Google.

 

Os motores de procura como Google baséanse en miles de factores para situar unha páxina. Con todo, hai dous factores básicos que debemos que ter en conta para traballar o SEO do noso blog: autoridade e relevancia.

 

Autoridade

É a popularidade da web. É dicir, cantos usuarios comparten o seu contido ou cantos usuarios a visitan. Enténdese que canto máis popular é unha web, máis valiosa é para os usuarios a información que contén.

 

Relevancia

É a relación que existe entre o que buscamos na internet e o contido da páxina. Nos primeiros pasos do SEO se unha web contiña unha chea de veces a palabra que buscabamos, Google considerábaa máis relevante. A día de hoxe isto xa non é así. Hai centos de novos factores que fan que unha web sexa relevante: uso de keywords (palabras crave), que non se duplique o contido, o  tempo que tarda en cargar a páxina ou que as ligazóns e estrutura da web sexan sinxelos e fáciles de rastrexar.

 

Se buscades iniciarvos no mundo do SEO e traballades con WordPress, recomendámosvos que instaledes plugins como SEO by Yoast. Este plugin permite traballar sobre cada post para que poidamos optimizar da mellor maneira posible factores tan relevantes como palabras crave ou personalizar as URL.

 

Análise web: Que é e para que serve?

 

Gustaríache saber cantas visitas recibe o teu blog?, a que hora recibes os maiores picos de visitas? ou cales son os post máis lidos? Se a resposta é si, o teu sitio web necesita unha ferramenta de análise web. Google Analytics ofrece de maneira gratuíta unha plataforma fácil de usuario para que poidas decidir que datos queres ver. Poderás saber que contido ten bo rendemento e cales son as páxinas máis visitadas. Posuír esta información axúdache a orientar o teu contido ao lector.

 

Se queredes ir máis aló, podes usar Google Trends. Poderás buscar a relevancia das túas palabras clave, comparalas e ver cales son as procuras relacionadas que realizan os usuarios. Se a túa competencia utiliza Google Analytics poderías comparar o tráfico da súa web co teu.

 

Redes sociais: comparte o teu contido

 

Se aos teus lectoreslles gusta o que escribiches, facilítalles a posibilidade de compartilo. Non esquezas ir un paso máis aló e poñer en cada un dos teus post botóns sociais para compartir. Así, ampliarás o alcance das túas publicacións. Imaxina que consegues que dez usuarios compartan un post. Esas dez persoas impactarán co teu contido sobre outros lectores e estas sobre outros. Poida que algún destes últimos tamén comparta o que escribiches, incrementando o volume de persoas que che len.

 

É importante que non descoides o deseño e a localización dos botóns. Tenta que permanezan visibles e que non rompan coas personalidade do teu blog. Por exemplo, en R utilizamos barras flotantes para que os botóns vos acompañen mentres ledes.

 

Ademais dos botóns de redes sociais podes usar recursos como click to tweet.  Esta ferramenta permite xerar destacados ao longo do post para que o lector poida compartilo nas redes sociais.

 

Seguridade

 

Por último, pero fundamental, destacamos Wordfence. Hoxe é máis importante a seguridade que o SEO e este plugin consegue protexer o teu sitio web de aqueles que o intenten “atacar”. Wordfence analiza posibles virus no teu WordPress. Ademáis, engade un firewall ao teu blog. Isto é similar a unha devasa que bloquea o teu sitio aos que intentan acceder de xeito malicioso. A maiores, inclúee un motor que disminue considerablemente o tempo que tarda o teu blog en cargar.

Con Wordfence o teu blog estará máis protexido e irá máis rápido. Deixámosche máis información sobre un dos plugins máis descargados e mellor valorados de WordPress.

 

Coñecías xa estas ferramentas? Que outros plugins utilizas no teu blog?

 

imaxe: flicker

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios