menú
okwifi

okwifi: wifi en locais públicos

20/03/2017
Blog R

okwifi é a solución de wifi gratuíto de R cunha conexión de ata 100 megas nunha cafetería, nun bar o nun restaurante para ofrecer a máxima comodidade aos teus clientes. E o mellor de todo é que poden conectarse ata 100 ususarios de xeito simultáneo sen que a conexión vaia mal.

okwifi axuda a que te diferencies da túa competencia grazas á mellor cobertura e máxima velocidade sen importar o número de clientes conectados á rede. Un distintivo na porta do teu negocio indicará que dispós deste servizo gratuíto para clientes.

Para a túa tranquilidade, contas cun mantemento preferente gratuíto. Tanto no soporte telefónico coma se requerise actuación e desprazamento dun técnico, a consulta ou problema resolverase en menos de 8 horas.

Ademais, o servizo vixía que non teñas abusos na conexión da túa rede wifi e non afecta ao teu acceso a internet.

Como conectarse a okwifi?

A conexión a esta rede wifi por parte do cliente é moi sinxela e non necesita ningunha clave para acceder. Ao entrar nun establecemento co distintivo okwifi hai que localizar a rede wifi no teu dispositivo móbil, tablet ou portátil, conectarse, aceptar as condicións e… listo! o cliente estará disfrutanto gratis de acceso a internet.

Simplemente pulsando un botón no navegador, os teus clientes estarán conectados e non terán que volver identificarse no prazo dun mes. Non é necesario que estean con contrasinais.
okwifi

Canto custa okwifi?

Cada punto de acceso ten un prezo de 19,9€/mes+IVE e a alta é gratuíta coincidindo coa promoción do lanzamento de okwifi.

Xa ves que pouco custa ter aos clientes contentos e que o teu establecemento teña un valor engadido cunha conexión wifi de alta calidade. A que esperas para contratalo?

Ata a próxima!

máis info?

déixanos aquí os teus datos



lín e acepto a política de privacidade

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

7 comentarios

  1. Juan di:

    Hola, boas tardes, os repetidores que teño polo local adiante sirven os mesmos??

  2. Rafa di:

    Es necesario tener contratado acceso a internet para contratar este servicio?

  3. Carlos di:

    Hola.
    No acabo de entender que beneficios tiene esto para un negocio que ya tenga acceso a internet con vosotros…
    Pagar otros 19,9€/mes, conectarse sin contraseña, con lo que cualquiera que pase por la calle puede conectarse, …

    Un saludo.

  4. Luis di:

    Sería interesante comentar a responsabilidade penal dos locais que dan wifi pública e as obrigas que terían de levar logs de acceso e todo iso, por se algún comete un delito desde a súa wifi.
    Normativa Europea 2006/24/CE ou o artigo 25 do Código Penal que di así “Las personas físicas o jurídicas que ejerzan actividades relevantes para la seguridad ciudadana, como las de hospedaje, transporte de personas, acceso comercial a servicios telefónicos o telemáticos de uso público ……quedarán sujetas a las obligaciones de registro documental e información en los términos que establezcan las disposiciones aplicables.”