menú

Non sexas lura e non deixes de lado os teus propósitos de ano novo!

05/01/2017
Blog R

O ano acaba de empezar e con el, chegan as listas de bos propósitos: este ano non pasa sen redeseñar a web, preciso unha nova estratexia de engagement, teño que mellorar a miña rede de contactos…

Se non queres que a inseguridade e a angustia che obrigen a abandonar os teus propósitos é importante que definas un plan e marques metas para levalos a cabo.

Deixámosche aquí tres pasos clave para que chegues a conseguir o que te propós.

 

Define os teus propósitos

Xa o di o refrán, quen moito abarca, pouco aperta. Non penses facer nun ano, o que non fixeches durante toda a túa vida. Seguro que agora estás a pensar, vale, iso está moi ben pero como decido as miñas metas?

Primeiro, fai un brainstorming  (choiva de ideas). Anota nun papel todo o que che gustaría conseguir durante o ano novo. Se concreto. Non vale, que anotes que en 2017 desexas vender máis. Non, o teu propósito debe ser claro. Por exemplo: incrementar un 10% as vendas na túa web respecto ao ano anterior.

Unha vez teñas a túa lista, prioriza as túas metas. Escolle como máximo tres propósitos. Non excedas ese número ou  custarache moito alcanzar o teu obxectivo. Toma o teu tempo, pero non te atasques. Tes que tomar unha decisión.

 

Planifica os teus propósitos

Agora que tes claros os teus propósitos, toca pensar que farás ou que necesitas para conseguilos. Neste proceso debes enfrontarte ás primeiras barreiras para conseguir eses obxectivos. Coidado. Non caias na escusa para abandonar os teus propósitos, busca sempre a solución ao problema.

Se o teu problema é que non tes orzamento suficiente para incrementar un 10% as vendas na túa web, pensa en como conseguir o investimento que necesitas, canto tardarás en conseguilo, se existen alternativas máis económicas e como poden aplicarse ao teu negocio.

 

Marca fitos para conseguir os teus propósitos

Durante a consecución dos teus propósitos atoparaste con situacións que che farán tirar a toalla. Por iso, é importante que marques fitos durante o camiño. Así, manterás vivo o interese durante todo o proceso e continuarás motivado.

Fai o mesmo cando se volvan complexas, as tarefas ás que te enfrontas. Así, se marcas obxectivos individuais poderás organizarte mellor e o medo non che paralizará.

Traballa duro e converte os teus propósitos en accións. Analiza os teus hábitos, revisa como invistes o teu tempo e asegúrate de que estás a avanzar cara a onde queres ir. Ti es o único responsable de chegar onde queres chegar, así que céntrate e aprende dos das zapatillas: JUST DO IT!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios