menú

Non perdas o IV Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #InLugo

16/12/2016
Blog R

Se cres en youtube sobre todas as cousas esta fin de semana, tes unha cita. A Deputación de Lugo, co apoio de R e RaiolaNetworks, organiza gratuítamente o IV Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #InLugo.

Aquí tes máis  información que che pode interesar

 

IV Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #InLugo

Cando: 16 de decembro de 16:00 a 20:30 e 17 de decembro de 10:30 a 20:00

O venres, as xornadas comezarán cun relatorio de Phil González que explicará o impacto social que supuxo a chegada de Instragram. Máis tarde, Óscar Fafián, encargarase de explicar que é iso da internet das cousas e como fomos integrando a intelixencia artificial nas nosas casas, case sen darnos conta.

Victor Grande, será o encargado de pechar a xornada cun toque de humor.

O sábado, moito máis. Javier Pedreira, autor do blogue Microsiervos, desmitificará aos nativos dixitais. Mentres que Sebas Mouret explicará onde radica o éxito da súa canle de youtube.

Pero isto non é todo. O congreso conta con outros relatorios moi  interesantes. Deixámosche aquí o programa completo.

O congreso pechará coa entrega dos IV Premios #INLUGO que contarán coa presenza do vicepresidente da Deputación de Lugo,  Darío Campos, e da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

Podes seguir o evento en directo a través de internet. Nesta ligazón tes máis información.

Eventos como este serven de inspiración para emprendedores como ti. Esperamos que poidas sacar partido a esta información, asistir ao evento e mesmo sacar algunha idea.

Xa nos contarás.

Ah! e non esquezas utilizar o teu móbilR para twittear todo o que está a suceder.

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios