menú

A Deputación da Coruña premia a mellor iniciativa empresarial da provincia

29/11/2016
Blog R

Se es emprendedor e a sede da túa empresa está na provincia da Coruña, isto interésache. A Deputación da Coruña convoca a primeira edición do Premio á Mellor Iniciativa Empresarial da Provincia. Tes máis información nesta ligazón.

A finalidade do galardón é recoñecer e promocionar o traballo realizado por empresas e profesionais, así como contribuír ao seu desenvolvemento e crecemento con dous premios en metálico de 25.000 €.

A continuación, deixámosche a información necesaria para que saibas como presentar a túa candidatura. Se necesitas máis información, podes atopala aquí.

Podo presentar miña candidatura?

O Premio á Mellor Iniciativa Empresarial da Provincia está dirixido a pequenas e medianas empresa, microempresas, persoas emprendedoras e autónomas que teñan a sede do seu negocio na provincia da Coruña.

Cales son as categorías e premios?

Para esta primeira edición deseñáronse dúas categorías:

  1. Premio á mellor iniciativa empresarial nova cun galardón en metálico de 25.000 €.

Destinado a pequenas e medianas empresas, microempresas, emprendedores e autónomos con menos de 12 meses desde o inicio da actividade.

Nesta categoría valoraranse aspectos como a orixinalidade e viabilidade do proxecto empresarial. Así como o seu carácter innovador no territorio e a creación de emprego.

  1. Premio á mellor iniciativa empresarial madura cun galardón en metálico de 25.000 €.

Destinado a pequenas e medianas empresas, microempresas, emprendedores e autónomos con máis de 5 anos desde o inicio da actividade.

Nesta categoría valoraranse aspectos como a traxectoria empresarial, postos de traballo creados, presenza feminina na empresa, sistemas novos de xestión e responsabilidade social, entre outros.

Onde e cando presento a miña candidatura?

O prazo de inscrición está aberto desde o 14 de novembro e finaliza o 30 de decembro ás 14:00.

As candidaturas presentaranse a través do portal de subvencións da páxina web da Deputación da Coruña..

Que documentación necesito para presentar a miña candidatura?

Para participar en calquera das dúas categorías debes presentar a seguinte documentación:

  • Alta no imposto de actividades económicas ou se é o caso, alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (Modelo 036). Cartón de identificación fiscal da entidade ou copia compulsada do DNI ou NIE.
  • Formulario de inscrición, memoria, méritos… Atoparás os formularios nos anexos deste documento.

 

O difícil non é ter unha idea, se non convertela en realidade. É necesario premiar o esforzo e implicación de empresas e emprendedores no desenvolvemento económico de Galicia, porque o difícil non é ter unha idea, se non convertela nun proxecto viable e forte.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*