menú

Non perdas a Dico Summit 2017

10/01/2017
Blog R

Interésanche as oportunidades que supoñen as novas tecnoloxías? E os modelos de negocio relacionados cos contidos dixitais? Queres aprender da experiencia de xente moi coñecida? Pois toma boa nota. Se crees que a televisión e máis que unha caixa no salón ou que existe a economía dixital, tes unha cita. A AMTEGA (Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia), o  Clúster TIC e o CLAG (Clúster Audivisual Galego), co apoio da Xunta de Galicia, organizan #Dico Summit.

#Dico Summit

Cando: 24 de xaneiro de 10:00 a 19:00 e 25 de xaneiro de 10:00 a 14:30

Onde: Cidade da Cultura – Edificio CINC

O martes, as xornadas comezarán cun relatorio sobre contidos dixitais nun mundo conectado no que participarán: Carolina Godayol, Directora de The History Channel e Daniel Muñoz, director de Afiliados, Medios Dixitais e Investigación. VIACOM. Máis tarde, falarase das novas plataformas de contidos e os novos mercados que xurden ao seu redor.

Simon Smith, Steve Hanton, Luca Conesa y Luigi Renna integrarán unha mesa na que ofrecerán a súa visión sobre videoxogos, transformación dixital e realidade virtual e aumentada. Aquí tes máis información sobre a traxectoria de cada un deles.

A sesión pechará cunha mesa chea de talento galego, onde o director de cine, Jorge Coira, a directora do MPXA, María José Arrojo ou o director da CRTVG, Alfonso Sánchez, explicarán como a internet está a reinventar a produción audiovisual.

O mércores, moito máis. A xornada abrirase cunha mesa redonda sobre economía dixital, onde o Clúster alimentario de Galicia exporá o seu proxecto Marketlab, centrado en analizar as motivacións do consumidor á hora de comprar.

O congreso pechará coa entrega dos premios “En busca do talento dixital”.

Pero isto non é todo. Ademais de contar con outros relatorios (aquí tes máis  información que che pode interesar), no Dico Summit montarase un showroom, no que poderás coñecer de primeira man os avances tecnolóxicos que están por vir.  Tamén haberá un espazo de networking para que amplíes a túa rede de contactos co obxectivo de atopar sinerxías e estreitar lazos no eido dixital.

Non deixes escapar esta cita e pincha nesta ligazón para inscribirte. Hai 250 prazas, así que non tardes en apuntarte porque é un evento de primeiro nivel e, ademais, gratuíto.

Eventos como este serven de inspiración para emprendedores como ti. Esperamos que poidas sacar partido a esta información, asistir e mesmo atopar unha idea para o teu negocio.

Xa nos contarás.

Ah! e non esquezas levar móbilR para postear todo o que está a suceder co hastag #DicoSummit.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios