menú
desconexion digital

Desconexión dixital

11/04/2017
Blog R

Alcanzar a desconexión dixital do traballo é moi difícil nunha sociedade tan tecnolóxica como a actual. As tecnoloxías da información facilitaron o desempeño de moitas actividades profesionais pero tamén fixeron posible que sexa máis difícil desconectar da túa actividade laboral porque estes avances permiten que traballes dende calquera lugar e hora do mundo.

Lexislación

O goberno está pensando en expoñer unha posible regulación dixital. En Francia xa existe a Lei de Desconexión Dixital á que se poden acoller os traballadores dende o pasado 1 de xaneiro e que ten como obxectivo principal que se eliminen as peticións fóra do horario de traballo.

Cada vez que teñamos preto unha ponte ou unhas vacacións, é unha boa época para empezar a practicar a desconexión total e dixital. Tes que empezar a ignorar os correos que recibes fóra do horario laboral, aínda que no asunto se indique “URXENTE”, para iso o máis fácil é non consultar a conta de correo profesional.

Osixenarse

Outra das ferramentas máis utilizadas para comunicarse hoxe en día é o Whatsapp, á que todos estamos enganchados, e na que tamén recibes avisos do traballo. Parece que non tes escapatoria ,  pero tes que saber que non existe ningún tipo de obrigación de respostar as demandas de traballo fóra do horario de traballo.

Se ti eres emprendedor é normal que dediques moito máis tempo do estipulado laboralmente ao teu novo proxecto pero non debes excederte porque senón vaste a quedar sen ideas. É que é moi necesario establecer unha fronteira que separe a túa vida persoal e laboral porque como din algún expertos “ hai que osixenar o cerebro”.

E ti eres dos que desconectan? Que opinas de que se aprobe a lexislación sobre a desconexión dixital?

Imaxe de Farzad Nazifi.

Ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios