menú

Xestiona a túa solución empresa con centrexip.mundo-r.com

11/03/2016
Blog R

Se es cliente de solución empresa e tes unha central virtual, isto che interesa. Lanzamos centrexip.mundo-R.com, unha ferramenta coa que podes xestionar as funcionalidades de cada unha das liñas telefónicas da túa centraliña.

Seguro que a seguinte pregunta é “E como vai iso?” O primeiro que tes que facer é entrar en servizos de R > solucións R empresas > soluciones converxentes (centrex IP). Tamén podes acceder a través da app de R para iOS e Android

Se aínda non a tes descargada, faino xa.

 

Grupos de salto e desvíos: configura as rutas das túas chamadas

Con centrexip.mundo-R.com podes marcar o camiño que debe seguir cada chamada que se faga á túa oficina. Así, poderás decidir se é mellor que o teu teléfono e o do teu compañeiro soen á vez ou se é conveniente que o faga só o teu. Mesmo, podes escoller que facer se transcorrido un tempo ningún de vós pode atender a chamada.

Podes ver as configuracións das túas rutas nas miñas rutas. Para editalas só tes que facer clic no botón modificar (marcamos este botón en negro na captura de abaixo).

 

as-miña-rutas_GAL

 

Para deseñar cada ruta utilizamos dúas ferramentas: grupos de salto e desvíos.

 

Grupos de salto: chamadas de oca a oca

Os grupos de salto permiten definir unha lista de números pola que dirixir  as chamadas que se realicen á túa oficina.

Existen dous tipos de grupos de salto: simultáneo e secuencial.

O primeiro significa que todos os números que anotes nunha lista soarán á vez cando chamen a un deles.

 

grupos-de-salto-II_GAL

 

 

Grazas ao segundo podes configurar unha secuencia de números polos que irá saltando a chamada. Así, se unha chamada á oficina non recibe resposta nunha extensión podes decidir, se despois de tres tons (ou os que o ti elixas), pasa a outra.

Os grupos de salto secuenciales son moi útiles para que as chamadas que se fagan a un membro dun grupo de traballo pasen a outro, se o primeiro non colle o teléfono.

 

grupos-de-salto-_GAL

Desvíos

Podes desviar as chamadas ao número que ti elixas. Podes facelo se a túa liña comunica, se estás fóra da oficina ou se estás de viaxe.

 

desvios_GAL

 

 

Grupos de captura: Que non escape ningunha chamada

Para fortalecer as rutas de chamadas, centrexip.mundo-R.com incorpora grupos de captura. Esta funcionalidade permite a creación de listas de números de teléfono capaces de capturar chamadas entre si.

Ollo, non os confundas cos grupos de salto xa que son funcionalidades diferentes. Cos grupos de salto podes definir o camiño que deben seguir as chamadas que entren na oficina. Mentres que cos grupos de captura ofreces a posibilidade de “capturar” unha chamada realizada a unha extensión concreta.

Lembras o grupo de traballo do que che falabamos antes? Ben, imaxínao de novo. Se se anotan as extensións de todos os membros dese equipo nun mesmo grupo de captura, cada vez que chamen a un deles, calquera do equipo pode recuperar a chamada marcando catro teclas no seu teléfono. Así, se é necesario, todos os membros do mesmo equipo poden “pescar” unha chamada.

Iso si, non se pode listar máis dunha extensión dun grupo de captura, nin escoller que chamada pescar se están a soar varias extensións á vez.

Estes dous detalles non restan versatilidade aos grupos de captura, que resultan imprescindibles cando, nun momento puntual,  un compañeiro do mesmo equipo está ocupado ou ausente.

 

 

grupo-captura_GAL

 

Pero centrexip.mundo-R.com non só che permite configurar as chamadas entrantes da túa solución empresa. Tamén podes editar a información das chamadas saíntes, os nomes de cada unha das extensións ou o backup analóxico (para que non quedes sen servizo se perdes a conexión a internet ou  marcha a luz).

 

Se é que a centraliña virtual de R ofrece solucións sinxelas e prácticas por moi pouco. Se queres máis información ou contratar o servizo, podes escribir un e-mail ao correo fala-con-R@mundo-r.net ou chamar gratis ao teléfono 1445.

máis info?

déixanos aquí os teus datos



lín e acepto a política de privacidade

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios