menú

Blog para o teu negocio: primeiros pasos

18/02/2016
Blog R

Que pasaría se nos centramos en axudar á os nosos clientes no canto de interrompelos con tanta publicidade? Que pasaría se lles contásemos nun blog o que o noso negocio pode facer por eles?

Segundo Social Mood os blogs xeran un 55% máis de visitantes a unha web, un 97% máis de ligazóns e un 434% máis de páxinas indexadas. Se este argumento non te convence, animámoste a que leas un antigo post no que explicamos por que precisas un blog para o teu negocio.

Se xa estás convencido, chegou o momento de que te poñas a traballar. Deseñar unha estratexia de contidos para o teu blog non é fácil, por iso antes de que te lances a escribir recomendámosche que sigas os seguintes pasos:

Define a túa audiencia

Cada vez son máis os que  buscan en Internet información sobre produtos ou servizos capaces de suplir as súas necesidades, e ti, como empresa, tes moito que contar.

É importante que definas a túa audiencia antes de escribir. Definila consiste en poñerlles nome e características aos teus clientes.

A túa audiencia fórmana persoas coas que pretendes crear un vínculo. Persoas que co paso do tempo se poden converter en clientes fieis e mesmo, en embaixadores do teu negocio. Por iso é imprescindible que as coñezas ben, que as entendas e que consigas responder sempre á pregunta: que podo facer por ti?

Realiza un esquema dos contidos e palabras clave do blog para o teu negocio

Se xa sabes cal é o teu público, tócache pensar que lle vas a contar e como o vas facer. Para empezar, colle papel e bolígrafo e responde ao seguinte:

  • Que é o que máis lle interesa de ti ao teu público? Agora que coñeces á túa audiencia definir os contidos do blog para o teu negocio non debería ser difícil.  Tenta pensar en dez publicacións que poidan interesarlle e que consigan captar a súa atención sobre os teus produtos ou servizos.
  • Cales son as palabras clave que definirán os contidos do blog para o teu negocio?
  • Como poderías estruturar o blog? É fundamental que fagas un esquema de cales serán as seccións principais e secundarias do teu blog.

 

Busca un nome e contrata un dominio

Se non sabes cal é o nome adecuado para o teu blog podes utilizar a túa marca comercial seguida do apelido “blog”. Pero ollo, isto non é unha regra escrita. Tamén podes buscar palabras ou conceptos relacionados cos produtos e a forma de traballar do teu negocio.

O que si é importante é que cando elixas o nome teñas en conta o dominio.

Un blog é unha ferramenta que require constancia, planificación e empatía. Ten paciencia e  esfórzate por crear vínculos cos teus clientes. Escoita o que che din. Ao final, só eles che dirán con sinceridade por que valoran os teus produtos e servizos.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
acepto os termos e condicións*

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*