menú

A polo Black Friday

25/11/2016
Blog R

Hoxe, o Black Friday está na fala da xente. Esta tradición americana que cruzou o charco con intención de quedar, supón o pistoletazo de saída das compras do Nadal.

Aínda que a día de hoxe eríxese como un dos días de maior consumo do ano, o Black Friday (venres negro) naceu como solución ao escaso volume de vendas que se xeraban nas grandes superficies estadounidenses despois do día de Acción de Grazas.

 

Black Friday para negocios e comercios

Cada vez son máis os comercios e negocios que se apuntan á febre do Black Friday. Se aínda non te decidiches, aquí van 3 vantaxes:

  • Axúdache a anticipar e motivar o inicio das compras do Nadal no teu negocio.
  • Aínda que o Black Friday inventárono as grandes superficies, pode ser unha boa oportunidade para que o teu negocio gañe notoriedade. Este ano, lanzouse a iniciativa #greenfriday, motivada por El hervidero de ideas para dar a coñecer comercios envorcados coa sustentabilidade. A compostelá Sálvora ou a ourensá Labica sumáronse a esta iniciativa. Descobre máis sobre #greenfriday, aquí.
  • Aproveita para liquidar stocks.

 

5 consellos para deseñar as túas ofertas máis aló do Black Friday

1. Pensa ben as túas ofertas. Non fagas unha oferta porque a vexas noutra tenda. Dedica tempo para descubrir se é lóxica para o teu negocio. Non te precipites e non lances nunca ofertas que supoñan perdas para o teu negocio. Senta un segundo e anota nun papel as promocións que che resulten máis coherentes co teu negocio.

Se as túas marxes non che permiten ofrecer grandes descontos, busca alternativas como: cupóns de desconto para compras futuras, gastos de envíos gratuítos na túa tenda online, 10% de desconto sobre o total da compra final, descontos sobre pedidos superiores a 30 €, ofrecer un agasallo por realizar unha compra.

2. Non perdas os papeis no Black Friday e estuda o calendario para saber cales son as festividades clave para o teu negocio. descontos a noite antes de reis, rebaixas, promos para liquidar stocks de inverno ou verán, cyber Monday, Single Day...

3. Prepárate ben. Antes de lanzarte á piscina cunha oferta ou unha promoción, estuda que implicacións terá desde que se inicie ata que acabe.

Debes definir claramente como funcionará, que políticas comerciais e de venda seguirá e sobre todo, cando empeza e cando acaba. É importante que realices este traballo antes de comunicar calquera promoción. Doutro xeito, confundirás aos teus clientes. Ademais, podes perder cartos se a comunicas de maneira ambigua.

Antes de publicar calquera promoción tes que repasala e compartila con outras persoas para detectar posibles erros.

4. Busca os medios máis adecuados para comunicar as túas ofertas. De nada serve que configures as túas promocións se non llo contas a ninguén. Utiliza as redes sociais, a túa web e prepara a túa tenda física para a ocasión.

5. Coida aos teus clientes habituais, ofrécelles un código promocional antes de abrir as promocións.

 

Ofrecer ofertas e promocións no teu negocio pódeche axudar a motivar as vendas e gañar notoriedade. Pero lembra, antes de lanzarte pensa sempre en como afectarán as túas vendas e aos teus clientes.

fonte imaxe: giphy.com

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios