menú
viaxes negocios

Apps que facilitan as viaxes de negocios

29/09/2016
Blog R

Ao longo do ano seguramente tes que realizar varias viaxes de negocios para reunirte con clientes, provedores ou para buscar novos nichos de mercado. Por unha banda son unha oportunidade para facer networking e coñecer novos lugares, pero por outra o cansazo e os cambios horarios dificultan máis que desempeñes o teu traballo noutro lugar do mundo.

Hoxe en día existen diferentes apps que foron deseñadas para que saques o máximo partido ás túas viaxes de negocios, porque non todo vai ser traballar.Estas apps axudaranche, entre outras moitas cousas, a atopar redes wifi gratuítas, a localizar os mellores restaurantes da zona na que estás, a comunicarte no idioma de cada país… E todo desde o teu móbil.

  • Log me in:
    Cando a túa viaxe é por traballo normalmente vas acompañado do teu portátil ou tablet para poder traballar con todos os teus arquivos e conectarte á vpn da túa compañía. Pero nalgunhas ocasións poida que non teñas o teu portátil preto e necesites algúns dos teus documentos, para iso podes utilizar a app Log me in que che permite acceder a través de control remoto a calquera computador a través do teu móbil ou calquera outro dispositivo desde calquera lugar do mundo. Trátase dunha app de pago, ten un custo de 195 euros ao ano, aínda que ten unha versión gratuíta de 15 días para poder probala.
    Dispoñible para android e iOS.

 

  • Triplt:
    Unha das apps máis utilizadas nas viaxes de negocios é Triplt xa que permite almacenar toda a información da viaxe, voos, hoteis, datas e horas de reunións, etc. Sincronizándoo todo co teu calendario e correo electrónico. É gratuíta.
    Dispoñible para android e iOS.

 

  • Airbnb:
    Á hora de buscar aloxamento, prefires afastarte do típicos hoteis e estar en lugares máis relaxados? Pois aquí tes a solución, Airbnb a app máis de moda nestes momentos na que están dispoñibles todo tipo de aloxamentos, para todos os petos, en máis de 34.000 cidades e 191 países. Ademais, na súa web tes unha sección específica para viaxes de negocios. A app é tamén gratuíta.
    Dispoñible para android e iOS.

 

  • CityMaps2Go:
    Cando chegas a un sitio que non coñeces é necesario ter un mapa actualizado para poder orientarte e moverte e non che pase o de sempre.
    citymaps
    Para evitar estas situacións CityMaps2Go permite que teñas mapas actualizados dispoñibles aínda que non teñas conexión a internet e tamén pon á túa disposición varias guías de viaxe que podes descargar. Todo de forma gratuíta.
    Dispoñible para android e iOS.

 

  • Uber:
    A app de Uber tamén é gratuíta e axudarache a moverte en coche de forma rápida e económica, aínda que tamén está dispoñible unha opción premium. Para poder utilizar este servizo é necesario descargarse a app, e estar rexistrado a través dunha tarxeta de crédito ou débito ou a través dunha conta de Paypal e xa podes pagar a carreira dende a propia app. Aquí tes un vídeo que mostra o funcionamento da app:

     

     


    Dispoñible para android e iOS.

 

  • Wi-Fi Finder:
    O wifi é o máis desexado cando se viaxa a outro país, é o primeiro que se fai ao poñer un pé en terras estranxeiras. Existe unha app gratuíta que atopa todas as redes wifi que están preto de ti en 140 países, chámase Wi-Fi Finder. Dáte présa en baixala porque así estarás sempre conectado e non volverás vivir situacións coma esta:
    wififinder
    Dispoñible para android e iOS.

 

  • iTranslate:
    Unha vez que te asentaches e xa tes conexión wifi podes empezar a socializarte coas persoas dese novo lugar, pero décheste conta que non controlas moi ben o seu idioma. Non te preocupes podes botar man de iTranslate que traduce a máis 90 idiomas, entre as súas funcionalidades destacan a posibilidade de gardar as preguntas ou expresións máis utilizadas e de converter un texto en notas de voz. É gratuíta.
    Dispoñible para android e iOS.

 

  • XE Currency:
    Cando chegue a hora de pagar unha cervexa ou unha cea hai que ter mil ollos para que non haxa problemas co cambio de moeda. Para este tipo de situacións tamén existe unha app gratuíta, XE Currency que permite converter calquera divisa co valor vixente nese momento.Dispoñible para android e iOS.

Con estas apps seguramente as túas viaxes de negocios serán máis produtivas, pero se buscas pola rede atoparás moitas máis que nunca imaxinarías e que facilitarán a túa viaxe.

Ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios