menú

Plaxio: 3 cousas que facer

06/10/2016
Blog R

O enxeño e a creatividade sempre serviron de inspiración para novos creadores que puxeron todo o seu esforzo e ilusión en desenvolver ideas.

As ideas non nacen da nada. Todo o que nos rodea sirve para que nos poñamos a traballar cando arrincamos un proxecto desde cero.

Agora ben, non é o mesmo inspirase noutros, que homenaxealos ou plaxiar o seu traballo. Existe unha delgada liña que separa estes tres conceptos.

Se non o tes claro, poñémoscho fácil. Estás ante un caso de plaxio cando outros realizan unha copia exacta do teu traballo sen o máis mínimo escrúpulo. Se es deseñador seguro que sabes de que falamos.

As industrias culturais seguen a ser as máis susceptibles de sufrilo. A día de hoxe hai persoas que aínda non son conscientes de que non se pode usar en beneficio propio todo o que se atopa na rede.

 

que facer fronte a un caso de plaxio?

O primeiro e máis importante é que  acougues e analices a situación. Estás seguro de que che están a plaxiar? De ser así, solicita as probas da túa autoría. Ten en conta que as obras artísticas, literarias ou científicas están sometidas a dereitos de autor. É dicir, o teu traballo perténcenche polo mero feito de crealo.

Tamén é importante que reúnas todas as probas posibles que demostren que che están a plaxiar. Utiliza todos os recursos que estean da túa man: realiza capturas de pantalla, saca fotos…

Analiza o uso que se está a facer da túa idea. Non é o mesmo que unha persoa utilice o teu traballo para obter beneficio a que o difunda sen o teu consentimento como propio.

Agora que tes probas do plaxio e sabes o que están a facer coa túa idea, queda decidir que queres facer. Podes emprender accións legais, solicitar unha indemnización ou  chegar a un acordo amigable.

En calquera caso é importante que o poñas en coñecemento dun avogado para que te poida asesorar e guiar no proceso.

O plaxio pode ter unha parte positiva (non nos malinterpretedes). Representa que estás a facer as cousas ben e que vas por bo camiño. Tómao como unha inxección de adrenalina que te axuda a seguir traballando. Iso si, as túas ideas e o teu traballo son teus, non doutros.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*