menú
google market finder

Google Market Finder, axúdate a vender en todo o mundo

20/08/2018
Blog R

Google Market Finder axúdate a vender os teus produtos e servizos por todo o mundo a través do comercio electrónico. Localiza os teus novos clientes en diferentes mercados internacionais co obxectivo de aumentar as túas vendas a través de exportacións.

Unha vez máis, trátase dunha ferramenta gratuíta do xigante Google que está dirixida a facilitar o traballo das pequenas e medianas empresas. Na mesma liña de Google Market Finder tamén están Google Business ou Start up with Google.

Google e ICEX

No lanzamento desta ferramenta Google e ICEX traballaron conxuntamente para fomentar a exportación e investimentos exteriores das empresas españolas.

Esta ferramenta achégache coñecemento sobre os mercados internacionais (tendencias de compras, lexislación, formas de pago, etc). Combínase á perfección cos instrumentos que pon á túa disposición o ICEX a través da súa web.

Ademais, terás acceso a guías, vídeos e consellos gratuítos que che facilitarán a inmersión en novos mercados.

Que podo facer con Google Market Finder?

Antes de comezar a utilizar esta ferramenta tes que darte de alta cun correo de Gmail. Unha vez dentro tes que seguir 3 pasos.

widget

Paso 1
Inclúe a web da túa empresa e poderás coñecer os mercados que mellor se adaptan aos teus servizos ou produtos. Tamén che mostrará o número de procuras mensuais de Google para o teu tipo de produto e o PIB dos mercados potenciais.

widget

Paso 2

Chegou o momento de poñerte a traballar e empezar a planificar as túas operacións. Neste paso terás acceso a guías e consellos sobre distintos mercados (pagos internacionais, recursos loxísticos e atención ao cliente).

widget

Paso 3

Achégache todos os recursos que serán útiles para planificar a túa estratexia de márketing internacional. Podes aprender a crear campañas de AdWords no teu novo mercado de operación e poderás monitorar os datos das túas actividades.

widget

Que che parece a nova ferramenta de Google? Se estás a pensar en expandirte ao exterior é o momento de empezar a probala.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

Imaxe de unsplash.com/@pawel_czerwinski

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.