menú

Evento de tecnoloxía e deporte

08/03/2019
Blog R

O próximo 21 de marzo desenvolveremos, xunto con Cinfo e a Fundación Deporte Galego da Xunta a xornada “Tecnoloxía e Deporte”. O evento terá lugar no AC Palacio del Carmen, de Santiago de Compostela e buscaremos falar de innovación no deporte en Galicia.

Obxectivos

Entre outras cousas, ao longo do evento tratarase de falar de aspectos tales como:

  • sacar o máximo proveito da tecnoloxía polos clubs.
  • habilitar a túa propia canle de tv cos contidos do club.
  • usar ferramentas dixitais para xerar novos ingresos.
  • beneficios aplicados á análise do xogo.

Casos de éxito

Coñecerás os casos de éxito do R.C. Deportivo ou do Monbus Obradoiro, e con persoal experto compartiremos ideas e experiencias de como as novas tecnoloxías ofrecen xa beneficios claros, son unha realidade e van transformar todos os clubs deportivos.

Asistencia

Para acudir á xornada hai que confirmar asistencia no correo electrónico tecnoloxiadeporte@mundo-r.net indicando nome, apelidos e empresa ou entidade.

Axenda

Compartimos con vós a axenda da xornada:

  • 9:00h: acreditación.
  • 9:35h: benvida de Alfredo Ramos, Director Xeral de R.
  • 9:50h: presentación da xornada por Iván Clavel, Xerente Fundación Deporte Galego.
  • 9:50h: realización automática de eventos deportivos, por Antonio Rodríguez del Corral, CEO de Cinfo.
  • 10:10h: experiencia do R.C. Deportivo (transformación dixital aplicada ao fútbol) por Gabriel Barrós, Director de Comunicación.
  • 10:20h: claves para transformar o teu club deportivo, por Alberto Díaz, Responsable de Transformación Dixital de R.
  • 10:30h: mesa profesional: Dereitos audiovisuais do deporte non maioritario.
    • os Presidentes federativos galegos e expertos en televisión debaterán sobre as posibilidades de emisións deportivas para afeccionados como explotar e visibilizar deportes minoritarios a través de novos modelos televisivos na internet.
    • participan: José Pereira Fariña, Director de Innovación e Negocio da CRTVG; Bruno López Molina, Presidente da Federación Galega de Balonmán; Jose Alfredo Bea, Presidente da Federación Galega de Piragüismo e Isidoro Hornillos, Presidente da Federación Galega de Atletismo.
  • 11:00h: café e pausa para “networking”.
  • 11:30h: experiencia do Monbus Obradoiro (Ferramentas de análise deportivo) por un membro do equipo técnico.
  • 11:40h: mesa profesional: Tecnoloxías emerxentes aplicadas ao deporte.
    • expertos e clubs debaten sobre as últimas tecnoloxías aplicadas ao deporte, ferramentas de xestión ou como xerar novos ingresos con solucións tecnolóxicas innovadoras.
  • 12:10h: empresa e deporte, por Leonor Gallardo, Xestión e liderazgo deportivo.
  • 12:30h: aposta polo deporte e a tecnoloxía, por José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte.
  • 13:00h: fin da xornada.

Lembra, se estás interesado en asistir, envía un correo a tecnoloxiadeporte@mundo-r.net

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Mario Brión Toucedo di:

    Ola, Intentei enviar reiteradas veces un correo electrónico para solicitar a participación na Xornada en representación do Club de Remo Cabo da Cruz e foi imposible o envío en todas.

    Podo facer algo ao respecto? Un Saúdo.