menú

Diferenza entre chamadas móbiles en roaming e chamadas móbiles internacionais

17/07/2019
Blog R

Ola. Seguro que escoitaches nas últimas semanas que baixou o custo das chamadas internacionais. E tamén oirías que no seu momento se estableceu que o roaming non tivese custo dentro da Unión Europea. Pero é o mesmo ou non é o mesmo?

A confusión é lóxica se temos en conta que ao falar de roaming nos referimos ás chamadas ou conexións a internet que facemos co móbil noutro país. Así que o de “internacional” podería encaixar. Pero non son o mesmo tipo de chamadas. Tentámoscho aclarar.

Chamadas internacionais

O que determina que unha chamada sexa internacional ou roaming é a orixe, o lugar desde o que se fai a chamada.

Se chamas desde España a calquera outro país do mundo (sexa Portugal, Francia ou Estados Unidos), trátase dunha chamada internacional. Por esa razón, sempre vai ter custo.

Chamadas e datos en roaming

O roaming é a capacidade que ten un terminal de conectarse a distintas redes móbiles. Deste xeito, aínda que non esteas en España, podes seguir falando e navegando.

Neste caso, a orixe tamén determina o tipo de chamada: se chamas ou usas os datos fóra de España, a través da antena móbil doutro operador, estás en roaming.

Rebaixa nas chamadas internacionais

Se no teu negocio ou oficina fas moitas chamadas a outros países da Unión Europea, o prezo baixou grazas a unha normativa da Comisión Europea:

  • dende o fixo: antes tiñas un custo de establecemento de 30 céntimos, que agora desaparece. E por minuto pagarás só 23 céntimos.
  • dende o móbil: o custo do establecemento de 54,45 céntimos tamén se elimina. Pola súa parte, fronte aos 59 céntimos/minuto de antes, agora o custo será de 23 céntimos/minuto.
  • SMS: también baixan o seu prezio, de 36,3 a 7 céntimos.

Roaming

O roaming non ten custo dentro dos países do Espazo Económico Europeo. Se chamas desde Portugal a España, non pagas ningún extra. O mesmo se te conectas a internet, para todos os efectos é coma se non saíses do país.

E as chamadas que fagas a calquera outro país do Espazo Económico Europeo, tampouco teñen ningún cargo. Pagas o que tes incluído na túa tarifa.

Resumamos: se estás en Alemaña e chamas a Italia, é roaming e non pagarías máis. Pero se estás en España e chamas a Portugal é unha chamada internacional e ten custo. Sabemos que non ten moito sentido, pero ao estar os prezos regulados, se un operador portugués nos cobra por conectarnos á súa rede, iso provoca que a chamada sexa máis cara.

Países Espazo Económico Europeo

Indicámosche os países onde o roaming é gratuito e onde podes facer chamadas internacionais máis baratas:

Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Xibraltar, Grecia, Guadalupe (Caribe Francés), Güiana Francesa (Caribe Francés), Hungría, Irlanda, Islandia, Illas Feroe, Italia, Reunión, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Martinica, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Vaticano.

Con calquera dúbida, quedamos pro aquí á túa disposición.

Imaxe de William Iven

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

7 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Susana di:

    Duda sobre roaming zona 1:
    1.-Se estou en Italia e chamo a un numeo movil español que tamen esta en Italia, e roaming e polo tanto factura gratis?
    2.-Se consumo todos os datos da miña tarifa en roaming, sigo dispoñendo de datos gratis a baixa velocidade no extranxeiro?
    Gracias pola sua axuda.

  2. Avatar Xan di:

    Resumamos: se estás en Alemaña e chamas a Italia, é roaming e non pagarías máis.???

    • Ola, Xan.

      Correcto. O roaming é estar nun país do Espazo Económico Europeo diferente de España e chamar a outro país do Espazo Económico Europeo.

      Así que:

      1. Alemaña forma parte da UE e estamos fóra da UE, polo que é roaming.

      2. Chamas a Italia, que tamén é país do Espazo Económico Europeo.

      Así que non pagas máis.

      Se chamas a Andorra, Suíza ou Mónaco si que pagarías, porque son chamadas internacionais, ao non formaren estes paíes parte do Espazo Económico Europeo.

      Un saúdo.

  3. Avatar Alfredo di:

    Hola. Estos en Portugal. Los datos funcionan, pero no podemos recibir llamadas desde España ni llamar a España. No hemos probado a llamar ni recibir de Portugal.
    Podrían arreglarlo.
    Gracias