menú
wifi_profesional

Por que debo ofrecer conexión wifi profesional no meu negocio?

10/04/2015
Blog R

A conexión wifi converteuse nun must dos negocios actuais. Non ofrecer conexión gratuíta a Internet pode facerte invisible para algúns clientes. Trátase dun servizo premium que dá valor cada vez a negocios máis variados.

Non se limita á hostalaría ou á restauración. Pensa na consulta dun dentista, nun centro de estética, nunha tenda de roupa… Que fan os clientes mentres agardan? Consultar WhatsApp dende o móbil, entrar no Facebook, respostar correos… Que tal poder facelo á maior velocidade e sen gastar a tarifa de datos no móbil ou na tablet? Se o fas posible, repercutirá na experiencia do teu cliente e mellorará a túa imaxe.

Por que debo ofrecer wifi no meu negocio?

  • Farás que os teus clientes pensen en ti (fidelización): a conexión gratuíta a Internet non é un servizo obrigado, pero para que enganarnos, está moi ben. Moitos dos teus clientes voltarán pensar en ti se os impactas cunha boa conexión a Internet. Para conseguilo, non te cortes á hora de presumir de wifi. Pon ben visible o autoadhesivo identificador!
  • Mellorará a percepción da túa marca: dispoñer dun servizo wifi premium achega valor ao teu negocio fronte á competencia. Axúdache a transmitir valores de innovación e agarimo no coidado ao cliente. Estaslles a dicir que queres que gocen da súa estadía e que tomen o seu tempo. Ademais, estarás a pór nas súas mans as ferramentas para que falen de ti nas redes sociais. Con conexión wifi estarán máis predispostos a compartir fotos do teu establecemento ou facer check-in.
  • Ampliarás servizos: instalando unha wifi profesional ofreceraslles aos teus clientes servizos adicionais de calidade. As instalacións profesionais soportan un maior número de conexións sen que o usuario perda calidade. A aposta por unha conexión wifi pro pode converterse nun factor clave no “momento cero da verdade”, cando o consumidor se decide por un ou outro establecemento.

Que características debe ter unha wifi profesional?

Se queres beneficiarte das vantaxes de ofrecer un servizo wifi no teu local, aposta por unha solución profesional. Que che achegará?

  • Calidade de conexión a Internet. Os puntos de acceso profesionais garanten que a wifi sempre funciona, mesmo cando hai moitos clientes conectados no local. Unha boa conexión debe soportar ata 100 conexións simultáneas.
  • Cun servizo profesional de wifi poderás dedicarte ao que mellor sabes facer: atender o teu negocio. A conexión debe incluír un servizo de login que non estea baseado en contrasinais. Acabouse o repartir papeis ou que te pregunten pola clave do wifi cada vez que atendes mesas!
  • As opcións profesionais de wifi dispoñibles no mercado reforzan a seguridade da túa conexión, de forma que protexen o teu negocio de usos abusivos do sinal.
  • Aposta por solucións de wifi profesional que inclúan servizo técnico. Desta forma asegúraste de que as avarías se solucionen de xeito rápido e disporás de axuda no caso de dúbidas técnicas.

Como en R cremos que a nosa solución wifi para negocios cumpre todas estas características, sen falsa modestia recomendámosche okwifi. Estás disposto a que os teus clientes non queiran abandonar o teu local?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 comentarios