menú

Cinco tips para aforrar en telecomunicacións

28/07/2015
Blog R

Estás a arrincar co teu negocio: aínda non tes un local pero xa necesitas un teléfono co que empezar a abrir contactos con provedores, primeiros clientes, realizar xestións interminables? A posta a punto tecnolóxica é fundamental para calquera negocio que empeza, e nós ímosche dar cinco consellos de como aforrar en telecomunicacións.

Escolle unha tarifa profesional

Se acabas de montar o teu negocio ou iniciaches a túa actividade como autónomo, consulta as tarifas especiais que o teu operador ofrece para empresas. Non alargues a túa tarifa “doméstica” porque estarás a perder oportunidades de aforro. As solucións para empresas engloban baixo unha mesma tarifa ferramentas imprescindibles para o teu negocio: internet, móbil, centraliña, fax, mantemento… Ademais, se estás a empezar, pódeste beneficiar de promocións especiais. Estuda ben as necesidades do teu negocio e elixe unha tarifa acorde con elas.

Usa a tecnoloxía de xeito intelixente

Non tes outro remedio que poñerte ao día en tecnoloxía, independentemente do teu negocio. Non te asustes! Déixate asesorar polo teu operador de telecomunicacións. A tecnoloxía permitirache maximizar os teus investimentos e controlar os teus gastos. Un exemplo? En R temos varios:
 

Videoconferencias

Esta ferramenta introduciuse no día a día das empresas. Xa non é algo exclusivo de grandes congresos nos que se realizaba un gran despregamento tecnolóxico para que puidesen ser retransmitidos ao resto do mundo. A videoconferencia domesticouse, e dende o teu propio PC podes manter unha reunión de traballo cun provedor ou co persoal dunha delegación. Acabáronse as viaxes innecesarias! Hai solucións como Vin R que che permite convidar ata 25 usuarios para manter unha reunión virtual e compartir con eles escritorio e documentos.
 

Fixo no móbil

Alí onde estás, o teu negocio vai contigo. A mobilidade mellorará a túa produtividade, por iso en R deseñamos solucións para que poidas realizar chamadas gratis dende onde esteas a través dunha conexión wifi. Se estás no estranxeiro e utilizas roaming, utiliza o servizo de chamadas dende o móbil con voz IP e non terás sorpresas na factura cando volvas a casa.

Esquece os equipamentos físicos

A tecnoloxía permite que aforres en equipos físicos. Se tes unha oficina, prescinde do gasto extra dunha centraliña ou dun fax, podes dispoñer de ambos os dous servizos grazas a teléfonos IP e fax IP. A solución de R para empresas permíteche pagar só por cada posto (con Internet, chamadas a fixo e móbil e función centraliña) e poderás enviar, recibir e almacenar os teus faxes dende internet sen gastar papel.

Contrata infraestrutura informática na nube

Cada euro conta nos negocios, e máis se estás a arrincar. Se queres evitar grandes investimentos iniciais en infraestrutura tecnolóxica, consulta co teu operador os servizos de outsourcing para aloxamento, aluguer de servidores ou almacenamento de datos. Deste xeito gañarás en seguridade, os equipos non ocuparán espazo na túa oficina, aforrarás en consumo eléctrico, en mantemento e en actualizacións. En R dispoñemos de servidores en modalidade de pago por uso, con cortafogos integral xestionado, con bases de datos e copias de seguridade no noso datacenter e cumprindo a Lei de Protección de Datos.

Esixe un mantemento Premium

Acabouse recorrer ao amigo informático, se tes un negocio non podes permitirte que pare por problemas tecnolóxicos. Antes de contratar unha tarifa de empresa co teu operador de telecomunicacións, asegúrate de que inclúe mantemento preferente. As incidencias non poden esperar e deben resolverse nun tempo mínimo garantido. Se ademais, prestan axuda telefónica para solucionar dúbidas informáticas cotiás, como en R, moito mellor.

Xa cho advertimos, se xa estás ás portas de abrir o teu negocio, só ti serás responsable se non contratas un servizo de telecomunicacións eficiente e económico.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios