menú
converfit

Startups R: Conver.fit, aumenta as túas vendas a través da Intelixencia Artificial

12/07/2018
Blog R

O programa de startups R está composto por varias empresas galegas tecnolóxicas e o seu obxectivo é fomentar o crecemento destas empresas de recente creación. Dentro desta iniciativa atópase a empresa Conver.fit, que se dedica a personalizar páxinas web en función dos gustos e características dos visitantes co obxectivo de que aumenten as súas vendas.

Nesta ocasión tivemos a oportunidade de falar con Jorge, un dos fundadores de Conver. fit, que nos contou máis detalladamente en que consiste a actividade da súa empresa.


– Cando nace Conver.fit?

O meu socio, Pablo, e eu dedicámonos durante moito tempo ao desenvolvemento e á xestión de e-commerces para terceiros. En setembro de 2015 decidimos escribir ao CEO da aceleradora de Microsoft en Londres para contarlle unha idea que tiveramos para mellorar o rendemento dos e-commerces. E ao día seguinte estábannos chamando para que fósemos con eles a desenvolvelo ás súas oficinas.

– Que necesidade detectastes no sector de comercio electrónico para lanzar Conver.fit?

Os e-commerces invisten millóns de euros en publicidade, pero teñen unhas taxas de conversión moi baixas. Nós cremos que se actuamos sobre esas taxas de conversión para aumentalas poderemos mellorar moitísimo os resultados que se obteñen

– A quen están dirixidos os vosos servizos e en que consisten?

Calquera tipo de páxina web pode beneficiarse da nosa tecnoloxía, aínda que o foco principal está en mellorar o rendemento daquelas que captan datos (landing pages) ou realizan vendas (e-commerce).

Ofrecemos unha plataforma completa de personalización que recolle os datos do comportamento de todos os visitantes que chegan a unha páxina web para segmentalos e mostrarlles o contido personalizado que é máis probable que lles vaia gustar. Xa sexa o produto que están a buscar ou o contido que máis lles interesa. Todo isto realízase a través de técnicas de Intelixencia Artificial e Machine Learning.

“Calquera tipo de páxina web pode beneficiarse da nosa tecnoloxía”

– Os vosos servizos baséanse en 3 puntos: CDN de Personalización, Smartlist e Customer AI, en que consisten cada un deles?

Á marxe da plataforma de personalización (CDN) contamos cunha serie de módulos que funcionan de forma automática e que non necesitan intervención humana.

Smart.List, por exemplo, organiza de forma automática os produtos dun e-commerce mostrando e dando prioridade a aqueles que é máis probable que compre o cliente en función dos gustos e características que detectase o noso sistema.

Customer AI é un módulo que mostra a información que é máis probable que necesite o usuario segundo o punto da compra no que se atope.

“Todo isto realízase a través de técnicas de Intelixencia Artificial e Machine Learning”

– Podedes valorar xa a acollida de cover.fit por parte dos usuarios?

Agora mesmo estamos a crecer a un ritmo do 25% mensual en número de clientes.

– Cal é a vosa estratexia de futuro?

Queremos rematar de afianzarnos no mercado español para expandirnos internacionalmente.

Agradecemos moito a Jorge que nos contase en que consiste a actividade de Conver.fit, seguro que a moitas empresas e negocios interésanlles os seus servizos.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.