menú

SIP trunk: mellora as túas comunicacións con R

14/04/2016
Blog R

Se buscas centralizar as túas comunicacións nunha única sede, conectar as túas centraliñas IP ou mellorar a túa solución empresa,  deberías saber máis sobre SIP trunk.

Seguro que algún se está a preguntar que significan eses anglicismos. Vaiamos por partes 😉

As siglas SIP fan alusión a un protocolo (unha serie de regras que definen como se deben comunicar entre si varios sistemas), cuxo obxectivo é permitir sesións multimedia e interactivas (con elementos de vídeo,  voz, datos,…) entre usuarios.  Mentres que o termo trunk fai referencia a unha liña capaz de transportar moitos sinais ao mesmo tempo  e con capacidade para conectar grandes centros de datos.

Se unimos as dúas palabras, podería dicirse que a tecnoloxía SIP trunk permite crear potentes liñas multimedia que combinan voz, vídeo e datos nunha única canle. Liñas de alta capacidade que conseguen conectar sedes e xestionar todas as comunicacións en varias canles simultáneas. Así, non sería necesario dividir fisicamente o tráfico, tendo unha liña para conectarse a internet e outra para falar por teléfono.

 

SIP_trunk_grande_esquema

 

Agora que sabes un pouco máis sobre SIP trunk, imos explicar como funciona e como che pode axudar a mellorar as comunicacións do teu negocio.

Se tes unha centraliña IP en cada unha das túas sedes, SIP trunk pode conectalas, a través de internet,  a unha infraestrutura de telefonía tradicional cableada (liñas dixitais e analóxicas) para transmitir a voz. Deste xeito, todas as túas sedes estarán comunicadas de extremo a extremo de forma segura.

Ademais, os servizos de SIP trunk de R proporcionan conectividade IP de alta calidade e a garantía de servizo da nosa rede de fibra óptica. Isto permíteche realizar e recibir chamadas a través de internet  sen notar diferenza algunha coa rede telefónica tradicional.

Pero as vantaxes de SIP trunk  non quedan só niso. Utilizando solucións baseadas en tecnoloxía IP, poderás:

  • Aforrar custos: con SIP trunk non é necesario investir en liñas específicas (unha para falar por teléfono e outra para datos). As túas comunicacións viaxan por internet a través dunha única liña de alta calidade.
  • Internacionalizar as comunicacións da túa empresa: con SIP trunk podes dispoñer dunha solución global con varias sedes interconectadas entre si.
  • Centralizar as túas comunicacións: SIP trunk de R permíteche establecer unha numeración xeográfica asociada. Desta maneira podes centralizar a numeración das chamadas nas sedes principais do cliente. Estes recursos son de grande utilidade porque che permiten  xestionar de maneira global e centralizada a telefonía da túa empresa.

 

Se é que nunca foi tan fácil conectar todas as comunicacións da túa empresa. Se queres máis información ou contratar o servizo, podes escribir un correo electrónico a fala-con-R@mundo-r.net ou chamar gratis ao teléfono 1445.

 

máis info?

déixanos aquí os teus datos



lín e acepto a política de privacidade

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios