menú

Seminarios de balde para mellorar os teus coñecementos de marketing online

30/01/2017
Blog R

Sabes cantos usuarios visitan a túa web? Tes unha estratexia SEO? Utilizaches algunha vez Adwords?

A túa web é o teu cartón de visita na internet. Analizar o tráfico, mellorar o seu posicionamento ou deseñar un anuncio en Adwords debería estar na túa lista de tarefas.

O motivo é sinxelo. As métricas serven para coñecer o comportamento dos usuarios na web. Así saberás: canto tempo dedican a ler os teus contidos, cantas visitas recibes ou como chegaron ata a túa web.

Todo isto darache unha idea do que interesa e o que non aos teus usuarios. Sabelo, permíteche mellorar a túa estratexia de marketing online para atraer máis usuarios.

Se non sabes por onde empezar, prepárate. Durante o mes de marzo, AMTEGA pon á túa disposición tres seminarios gratuítos para que descubras como optimizar os teus contidos, crear campañas de marketing online e monitorar o tráfico da túa web.

 

Que visita túa web? A resposta con Google Analytics

Cando: 23 de marzo

Onde: CDTIC – Santiago de Compostela.

Dirixida por Alén Multimedia, esta xornada introducirache nos aspectos técnicos e teóricos de Google Analytics, co obxectivo de que consigas elaborar un informe de indicadores da túa web útil e mellorar o seu rendemento.

A xornada é gratuíta, pero teste que inscribir aquí para poder asistir. Non perdas a oportunidade ou quedarás sen praza.

Aquí atoparás máis información sobre o seminario. Nesta ligazón deixámosche o programa completo.

 

Posicionamento SEO: como mellorar as visitas a túa web

Cando: 9 de marzo

Onde: CDTIC – Santiago de Compostela.

Dirixida por Esterea Comunicación Dixital, con esta xornada descubrirás porque unha web está mellor situada que outra cando realizas unha busca na internet.

Aprenderás técnicas efectivas para que os teus clientes te atopen con maior facilidade cando tecleen o teu nome ou a túa actividade en Google.

Aínda que a xornada é gratuíta, debes inscribirte aquí para poder asistir.

Aquí contas con máis información sobre o seminario.

 

Como facer campañas SEM eficaces

Cando: 16 de marzo

Onde: CDTIC – Santiago de Compostela.

Dirixida por Esterea Comunicación Dixital, nesta xornada descubrirás como elaborar unha campaña de comunicación na internet utilizando plataformas con Adwords ou Facebooks Ads.

Aínda que a xornada é gratuíta, debes inscribirte aquí para poder asistir.

Aquí contas con máis información sobre o seminario. Podes consultar aquí o programa completo.

Non vas converterte en experto nun día, pero seminarios como este axúdanche a comprender a importancia de aloumiñar aos teus usuarios a través da usabilidade e os contidos da túa web. Se es capaz de analizar como se comportan, poderás implementar as melloras necesarias para que nunca marchen

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 comentarios

  1. Pilar di:

    Me es imposible asistir a esos cursos. ¿por que no hacen una versión on line???????

    Un saludo

    ¡Gracias!