menú
renueva_la_centralita

Renova a túa centraliña de R

19/06/2017
Blog R

Renova a centraliña do teu negocio antes do 31 de xullo e obterás un 20% de desconto e sn desembolso inicial. Para que non te quedes desfasado, poderás desfrutar, por exemplo, dunha centraliña Panasonic KX-NS500 P cun desconto na cota.

Novo equipo

A centraliña Panasonic KX-NS500 P destaca pola súa maior accesibilidade e calidade de comunicación. Este equipo utiliza un sistema tecnolóxico híbrido que combina as comunicacións telefónicas tradicionais coas comunicacións IP e está dirixido especialmente ás pequenas e medianas empresas. Ademais, permite ampliar ata 190 canles e 288 extensións e as súas funcións IP permiten ligazón ao móbil, correo de voz, correo electrónico e mensaxería instantánea.

O seu deseño permite que o poidas acomodala nun armario rack das túas instalacións de forma discreta.

Accesorios

Os teléfonos que acompañan a este equipo son o KX-DT521 (que destaca polo seu altofalante, mans libres e polo seu descolgado electrónico) e o Temporis 580 (que tamén conta con mans libres, dez memorias directas e conectores para auriculares).

Este novo equipamento axudarache a reducir custos na túa actividade diaria grazas á rapidez en todas as túas comunicacións internas e externas sen necesidade de ter que cambiar os teus teléfonos analóxicos.

Lembra que esta promoción só estará vixente ata o 31 de xullo e logo estará dispoñible a prezo normal. Así que non te despistes e aprovéitate desta promoción para renovar a túa centraliña co 20% de desconto.

Ata a próxima!

máis info?

déixanos aquí os teus datos



lín e acepto a política de privacidade

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios