menú
dominio

Dominio: o nome do meu negocio existe na internet?

14/05/2016
Blog R

Se decidiches dar o salto e aumentar a visibilidade do teu negocio a través de internet, unha das cousas que debes facer é comprar o teu propio dominio. Un dominio é o nome único que identifica un sitio web. A súa función é similar á da matrícula dun coche ou á do DNI, coa excepción de que ti podes escoller o nome que che identifique.

Escoller un nome non é fácil. Se xa creaches o teu negocio, entendes do que falamos.

Non desesperes. Poida que tardes en atopar o nome adecuado, que o que elixas sexa demasiado longo ou mesmo que xa estea collido. Evita quedar co primeiro que pase e ten paciencia.

Para que non caias na desesperación ofrecémosche algúns consellos que poden facer máis levadeira tan ardua tarefa:

  • Busca un nome que sexa fácil de escribir. Se optas por un nome moi complexo o único que conseguirás é que a xente non lembre como te chamas.
  • Evita números, guións e letras maiúsculas.
  • Tenta que o nome do dominio teña relación co sector no que traballas. Aínda que non é estritamente necesario, se te dedicas á avogacía pode resultar útil que inclúas no dominio a palabra avogado para localizarte mellor.
  • Utiliza sempre un nome comercial para a web do teu negocio. Nunca utilices a túa razón social como dominio.

Como saber se ese nome está collido?

En dominios.es, dependente do Ministerio de Industria, podes comprobar se o dominio que elixiches está libre. Esta web soamente che permite saber se ese dominio está rexistrado para unha extensión .es (é dicir, para as webs que teñen a extensión xeográfica de España).

Se queres coñecer a dispoñibilidade para outras extensións como .com ou .gal, podes realizar unha procura rápida en empresas.mundo-r.com.

.gal, .com ou .es?

Á hora de escoller o teu dominio, é requisito indispensable que sexa un dominio xenérico de alto nivel (gTLD, polas súas siglas en inglés). Estes son os .com. Este tipo de dominios axudarannos a ser máis competitivos para os buscadores.

Pero ollo, se tes un negocio local en Galicia, recomendámosche un dominio.gal ou un dominio.es. Os dominios .com utilízanse cando se crean marcas ou cando a empresa traballa a nivel nacional.

Como contrato un dominio?

Antes de explicarte que debes facer para comprar o teu dominio, é importante que atendas os seguintes consellos:

  • Cando rexistres un dominio asegúrate de que o fas ao teu nome. A diferenza de R, hai empresas que ofrecen servizos moi económicos, pero rexistran os dominios ao seu nome ou ao dun terceiro. É importante que leas sempre as cláusulas do rexistro antes de contratar.
  • Os dominios non son para sempre, teñen data de caducidade. Lembra a data de renovación do rexistro e tenta actualizar a contratación con máis dun mes de antelación.
  • Rexistra o dominio no país onde vaias traballar. É un erro rexistralo no estranxeiro aínda que sexan máis baratos.

En R contas con solucións para a contratación do teu dominio desde 2 €/mes. Se é que nunca foi tan fácil lanzar o teu negocio á rede.

máis info?

déixanos aquí os teus datos



lín e acepto a política de privacidade

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios