menú

Aplicacións na nube: catro vantaxes para o teu negocio

16/07/2015
Blog R

As aplicacións na nube revolucionaron a forma de traballar, ou son os cambios nas rutinas de traballo o que impulsou o desenvolvemento da nube? Está claro que a web 2.0 está baseada en contornas virtuais, en contornas sociais ás que accedemos por conexión a Internet. Que é Facebook, iTunes ou Dropbox máis que un servizo na nube?

O noso escritorio deixou de ter relevancia, máis aló de entrar para conectarnos á rede; o mesmo pasa nas contornas profesionais. Se es un autónomo ou unha pequena empresa, as aplicacións na nube poden achegar grandes vantaxes: seguridade, dispoñibilidade de información en calquera lugar, actualización de tecnoloxía, aforro de custos? Descobre as catro razóns polas que a túa empresa debe apostar por aplicacións na nube:

Por que apostar por aplicacións na nube?

Mobilidade: dispoñible dende calquera lugar

Un servizo de almacenamento de documentación na nube proporciónate a mobilidade que necesita a túa empresa. Unha visita a un cliente, unha viaxe de negocios, repasar un informe en casa? Toda a información que precises para desempeñar o teu traballo estará dispoñible alá onde esteas se decides implantar na túa empresa un servizo de almacenamento virtual. Non podemos evitar recomendar Nube R! A nós gústanos porque coñecemos a súa fiabilidade, é seguro e económico. Ofréceche ata 1 TB de almacenamento totalmente seguro grazas á encriptación da información. Esquece as memorias USB! Se eficaz e aproveita para transmitir unha imaxe innovadora e moderna da túa empresa accedendo á documentación ou compartindo cartafois dende a nube co cliente.

 

 Multidispositivo: dispoñible dende calquera dispositivo

Fai un repaso mental dos diferentes dispositivos que empregas para acceder á documentación da túa empresa: o PC se estás na oficina, a tablet cando estás cun cliente, o móbil durante os desprazamentos. Os servizos de almacenamento na nube sincronizan toda a información para que calquera cambio que introduzas nos teus documentos estean dispoñibles dende todos os dispositivos.

 

Seguro: información encriptada e copia de seguridade

Unha das reticencias dalgunhas empresas para utilizar aplicacións na nube é a seguridade. Os servizos de almacenamento nunha contorna virtual presentan máis garantías de seguridade que os privados porque están máis profesionalizados, o nivel de esixencia é maior e mantéñense puntualmente actualizados. No caso de Nube R, a comunicación é encriptada e os datos almacénanse cifrados. Este servizo permite, ademais, dispoñer dunha copia de seguridade dos ficheiros do teu PC, ademais dos contactos do teu móbil. Un servizo de almacenamento na nube pódete salvar de calquera problema físico no ordenador, xa que sempre dispoñerás desa información nunha contorna virtual.

Para extremar a seguridade, dispós da opción de borrado remoto, para eliminar documentos en caso de perda ou roubo dun móbil.

 

Organización: facilita o traballo colaborativo

As aplicacións na nube dirixidas a empresas ofrecen un servizo que vai máis aló do mero almacenamento. O seu obxectivo é facilitar o traballo en equipo. Ademais de permitir que a información estea dispoñible para todos os traballadores, servizos como Nube R permítenche dispoñer dunha consola dende a que podes xestionar usuarios, distribuíndo permisos de acceso en función de cada persoa, xestionar proxectos ou compartir información con clientes mediante contrasinais.

Para que non perdas nada, terás ademais a posibilidade de consultar ata 30 versións dun documento. Moi útil cando se fan variacións dun mesmo documento por diferentes persoas dun equipo.

 

Se es dos que precisa optimizar o teu tempo, profesionalizar o traballo en equipo e non podes investir moito nun equipo de sistemas, as solucións na nube poden ser unha gran opción para o teu negocio. Atréveste a subir a túa empresa ao ceo?

máis info?

déixanos aquí os teus datos



lín e acepto a política de privacidade

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios